Papías () foi un padre apostólico, bispo de Hierápolis, en Frixia (na actual Pamukkale, Turquía), e autor que viviu aproximadamente entre os anos 70 e 163 d. C. Papías escribiu unha obra en cinco libros titulada Logiôn kyriakôn exêgêseis, (Λογίων Κυριακῶν Ἐξήγησις, na súa grafía grega), é dicir Exposición de ditos do Señor.
Esta obra, hoxe perdida agás breves fragmentos citados en escritos posteriores, é unha importante fonte antiga sobre a tradición oral do cristianismo e en particular sobre as orixes dos evanxeos canónicos.
Papías foi canonizado pola Igrexa Católica; a súa festa é o 22 de febreiro.
Vida
Á parte do inferible dos seus escritos, sábese moi pouco de Papías.
O nome Papías era moi común na rexión, o cal suxire que nacera na zona.
Ireneu de Lión (finais do século II), discípulo de Policarpo de Esmirna(69?, 155), di que Papías foi compañeiro deste lonxevo padre da Igrexa, e un oínte de "Xoán" (segundo a tradición aceptada pola Igrexa, Xoán o Evanxelista, segundo Eusebio de Cesarea, Xoán o Ancián).Irenaeus, Adv. Haer. 5.33.4. O grego orixinal consérvase en Eusebio, Hist. Eccl. 3.39.1.
Eusebio (século IV), que é a principal fonte sobre Papías -dedícalle un capítulo da súa Historia eclesiástica (III, 39)-. engade que Papías era bispo de Hierápolis cara a época de Ignacio de Antioquía,Eusebius, Hist. Eccl. 3.36.2., presuntamente xusto antes de Abercio de Hierápolis.
Como Eusebio refírese a Papías só no seu terceiro libro, parece datalo antes do comezo do cuarto, en 109. Segundo os fragmentos que cita, o propio Papías coñeceu varios libros do Novo Testamento, cuxa datación tamén é polémica, e obtén información de Xoán (o Evanxelista ou o Ancián), as fillas de Filipe e moitos "anciáns" que oíron eles mesmos aos doce apóstolos.
Hoxe considéranse erradas dúas fontes que proporcionan datas sobre Papías. Unha que di que a súa morte aconteceu preto da de Policarpo, en 164, hoxe crese que o confunde con "Papilas". Outra que relaciona a Papías co reinado de Hadriano (117–138) parece confundir a Papías co compendiador Cuadrato.
Obra
A datación da obra de Papías é tan dificultosa coma a da súa vida. Estudos modernos datan a obra aproximadamente entre os anos 95 e 120.
Os cinco libros
Pese a certos indicios de que a obra de Papías aínda conservábase na Idade Media, Véxase translation de Stephen C. Carlson. hoxe o texto completo está perdido. Algúns extractos, porén, aparecen noutros escritos, algúns dos cales citan un número de libro. MacDonald propón as seguintes reconstrucións tentativas dos cinco libros de Papías.
Prefacio e prédica de Xoán Prefacio Orixes do Evanxeo Os chamados fillos (Libro 1) Xesús en Galilea A muller pecadora O paraíso e a Igrexa A morte de Santiago e Xoán (Libro 2) Xesús en Xerusalén O milenio A Paixón Recompensa agrícola no Reino (Libro 4) A morte de Xudas (Libro 4) A caída dos anxos Despois da Resurrección Barsabás bebe veleno A resurrección da madre de Manaén (ou Manaimo)
Eusebio cita o prefacio da obra de Papías, onde el mesmo describe o seu xeito de reunir información sobre os ensinos de Cristo:Eusebius, Hist. Eccl. 3.39.3–4. Translation from
"Pero non me negarei a escribir, xunto coas miñas interpretacións, cantas instrucións recibira coidadosamente dos ancián e que gardei coidadosamente na memoria, á vez asegurándoche a súa verdade. Porque eu non me compracía, como a multitude, nos que falaban moito, senón nos que ensinaban a verdade; nin en aqueles que daban mandamentos estraños, senón nos que repetían os que o Señor dera para a nosa fe e que proceden da verdade mesma. Se, entón, viña calquera dos que seguiran aos anciáns, eu inquiría minuciosamente nos ditos deles: que dixera Andrés, que Pedro, que Filipe, que Tomé ou Santiago, ou qué Xoán ou Mateu ou calquera outro dos discípulos do Señor; o que din Aristión e o ancián Xoán, discípulos do Señor. Porque eu cría que aquilo que se pode obter dos libros non me era tan proveitoso coma o que ven da voz viva e permanente."Church History, Book III, Chapter 39". The Fathers of the Church. NewAdvent.org.
Papías, pois, interroga aos viaxeiros que pasan por Hierápolis sobre o que din os discípulos aínda vivos de Xesús e os anciáns, é dicir os que coñoceron persoalmente aos doce apóstolos. Un destes discípulos era Aristión, probablemente bispo da veciñanza de Esmirna,Apostolic Constitutions 7.46.8. e outro era Xoán o Anciá, habitualmente identificado (pese a oposición de Eusebio) con Xoán o Evanxelista, que moraba preto de Éfeso, de quen Papías foi oínte; Papías a miúdo citou aos dous.Eusebius, Hist. Eccl. 3.39.7, 14. Das fillas de Filipe, quen se asentaron en Hierápolis, Papías deprendeu outras tradicións máis.Eusebius, Hist. Eccl. 3.39.9. Como afirma claramente Papías, el acha a "voz viva" superior aos contidos dos textos que tiña ao seu alcance.
Orixe dos Evanxeos
Papías proporciona a información máis antiga que se conserve de quen escribiu os Evanxeos. Eusebio preserva dous fragmentos textuais de Papías sobre as orixes dos evanxeos, un sobre Marcos e outro sobre Mateu.Eusebius, Hist. Eccl. 3.39.15–16. Traducións de Bauckham (2006) p. 203.
Sobre Marcos, Papías cita a Xoán o Ancián:
O ancián adoitaba dicir: Marcos, como intérprete de Pedro, puxo coidadosamente por escrito canto lembraba na súa memoria —aínda que non de xeito ordenado— sobre as cousas que dixo e fixo o Señor. Pois el nunca oíu ao Señor nin o acompañou, senón que despois, como dixen, si a Pedro, quen adoitaba dar os seus ensinos en forma de chreiai,Unha chreia era unha anécdota breve e útil ("χρεία" significa “útil”) sobre un personaxe particular. É dicir que unha chreia era máis curta que un relato —a miúdo era unha sóa frase— pero a diferenza dunha máxima, atribuíase a un personaxe. Habitualmente constituíana un duns poucos modelos, dos cales os máis comúns eran "Ao ver..." (ιδών ou cum vidisset), "Cando lle preguntaron..." (ἐρωτηθείς ou interrogatus), e "Dixo..." (ἔφη ou dixit). mais sen tentar proporcionar unha disposición ordenada dos logia do Señor. Polo tanto Marcos non errou ao escribir algunhas cosas particulares como as deprendera de memoria. Pois puxo o seu único coidado en non omitir nada do que oíra e en non falsear nada.
O fragmento sobre Mateu só di:
Polo tanto Mateu dispuxo os logia ordenadamente en lingua hebrea, mais cada un interpretounos canto mellor puido.Eusebius, "History of the Church" 3.39.14-17, c. 325 CE, Texto grego 16: "ταῦτα μὲν οὖν ἱστόρηται τῷ Παπίᾳ περὶ τοῦ Μάρκου• περὶ δὲ τοῦ Ματθαῖου ταῦτ’ εἴρηται• Ματθαῖος μὲν οὖν Ἑβραΐδι διαλέκτῳ τὰ λόγια συνετάξατο, ἡρμήνευσεν δ’ αὐτὰ ὡς ἧν δυνατὸς ἕκαστος. Outra tradución posible –como a estandarizada en inglés, feita por Philip Schaff en CCEL é: "[S]obre Mateu, [Papías] escribe o seguinte: 'Así é que Mateu escribiu os oráculos en lingua hebrea, e cada un interpretounos como foi capaz.'".
Durante moito tempo a maneira apropiada de interpretar esta cita de Papías foi materia de polémicas, pois non se sabe cal é o seu contexto e o grego é ambiguo en varios aspectos e parece empregar terminoloxía técnica e retórica. Ademais, non está claro que os escritos de Marcos e Mateu sexan os evanxeos canónicos que levan eses nomes.
A palabra logia ()—que tamén aparece no título da obra de Papías— xa é problemática. En contextos non-cristiáns, o significado habitual era oráculos, mais desde o século XIX foi interpretado como ditos, o que suscitou numerosas teorías sobre un "Evanxeo dos ditos", agora chamado Q, semellante ao Evanxeo de Tomás.Lührmann, Dieter (1995). "Q: Sayings of Jesus or Logia?". En Piper, Ronald Allen. The Gospel Behind the Gospels: Current Studies on Q. pp. 97–116. ISBN 90-04-09737-6. Pero os paralelismos involucran un significado de ditos ou feitos, que se adapta ben aos evanxeos canónicos.Bauckham (2006), pp. 214 & 225.Thomas, Robert L.; Farnell, F. David (1998). "The Synoptic Gospels in the Ancient Church". En Thomas, Robert L.; Farnell, F. David. The Jesus Crisis: The Inroads of Historical Criticism Into Evangelical Scholarship. pp. 39–46. ISBN 0-8254-3811-X.
Moitas outras autoridades antigasE.g., Irenaeus, Adv. Haer. 3.1.1; Ephrem, Comm. en Diatess. Tatiani App. I, 1; Eusebius, Hist. Eccl. 5.10.3. fanse eco da aparente afirmación de que Mateu escribira en hebreo, que en grego se pode referir tanto ao hebreo como ao arameo.Bauckham (2006), p. 223. Os estudosos modernos propuxeron moitas explicacións para esta afirmación, á luz da opinión maioritaria de que ese Mateu canónico compúxose en grego e que non foi traducido dunha lingua semítica.Brown, Raymond E. (1997). An Introduction to the New Testament. pp. 158ff. & 208ff. ISBN 0-385-24767-2. Unha teoría é que o propio Mateu elaborara primeiro unha obra semítica e despois unha recensión da obra en grego. Outra é que outros traduciron Mateu ao grego máis ben libremente. Outra é que Papías simplemente quere dicir "nun grego ao estilo hebreo", "Ἑβραίδι διαλέκτῳ". Outro é que Papías refírese a unha obra distinta hoxe perdida, quizais unha colección de ditos como a Fonte Q ou o chamado Evanxeo segundo os hebreos. Outra é que Papías sinxelamente cometera un erro.
Canto a Marcos, a dificultade foi entender a devandita relación entre Marcos e Pedro —se Pedro deprendeu de memoria ou se Marcos lembraba a prédica de Pedro, e se Marcos traduciu esa prédica ao grego ou ao latín ou se soamente expúxoa, e se fixera o primeiro, se o fixo publicamente ou só elaborando o seu Evanxeo; os estudosos modernos exploraron varias posibilidades.Bauckham (2006), pp. 205–217. Eusebio, despois de citar a Papías continua a dicir que Papías tamén citara como corroboración a primeira epístola de Pedro.Eusebio, Hist. Eccl. 3.39.16.Eusebio, Hist. Eccl. 2.15.2. No século II, Xustino aludiu a esta relación de Pedro co Evanxeo de MarcoXustino Mártir, Dial. 106.3. e Clemente de Alexandría estendeuse sobre o tema.Clemente de Alexandría, Hipoteposes 8, apud Eusebio, Hist. Eccl. 2.15.1–2, 6.14.5–7; Clement of Alexandria, Adumbr. En Ep. can. en 1 Pet. 5:13, apud Casiodoro, en Epistola Petri Prima Catholica 1.3.
Non se sabe que máis diría Papías sobre estes ou os outros evanxeos —certamente tratou o de XoánHill, Charles E. (1998). "What Papias Said about John (and Luke): A ‘New’ Papian Fragment". Journal of Theological Studies 49 (2): 582–629. doi:10.1093/jts/49.2.582.>— pero algúns ven a Papías como a fonte probable e non atribuída de polo menos dous posteriores relatos sobre as orixes dos evanxeos. Bauckham sostén que o canon Muratori (arredor de 170) definiuse a partir de Papías; o fragmento que fica, porén, conserva só unhas poucas palabras finais sobre Marcos e logo fala do Evanxeo de Lucas e do de XoánBauckham (2006), pp. 425–433. tamén se fixo baseándose en Papías.Hill, Charles E. (2010). "‘The Orthodox Gospel’: The Reception of John in the Great Church Prior to Irenaeus". En Rasimus, Tuomas. The Legacy of John: Second-Century Reception of the Fourth Gospel. Supplements to Novum Testamentum 132. pp. 285–294. doi:10.1163/ej.9789004176331.i-412.55.
Escatoloxía
Eusebio conclúe a partir dos escritos de Papías que era un milenarista, que entendía o milenio como un período literal no cal Cristo reinará na Terra, e ataca a Papías pola súa interpretación literal de pasaxes figurativos, escribindo que Papías "parace que tería un entendemento limitado ", e sente que o seus erros fan errar a Ireneu e a outros.Eusebio, Hist. Eccl. 3.39.11–13.
Ireneu de feito cita o carto libro de Papías para un dito de Xesús -doutro xeito descoñecido- relatado por Xoán o Evanxelista, que Eusebio sen dúbida ten na mente:Ireneu, Adv. Haer. 5.33.3–4.Holmes, Michael W. (2006). The Apostolic Fathers in English. p. 315 (Fragmento 14). ISBN 0-8010-3108-7.