A ADN polimerase delta, tamén chamada ADN Pol δ ou Pol δ, é un complexo encimático que se encontra en eucariotasis que intervén na replicación e reparación do ADN. O complexo da ADN polimerase delta consta de 4 subunidades, que son: POLD1, POLD2, POLD3, e POLD4. A ADN Pol δ é o principal encima utilizado para a síntese das febras guía e retardada durante a replicación do ADN en eucariotas. Presenta un incremento da súa procesividade cando interacciona co antíxeno nuclear de célula proliferante (PCNA; proliferating cell nuclear antigen). Ademais, para a función da ADN Pol δ é importante a proteína de multisubunidades factor de replicación C, debido ao seu papel de cargador da abrazadeira para o PCNA (o cal implica a catálise da carga do PCNA sobre o ADN).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Este artigo incorpora textos en dominio público procedentes da United States National Library of Medicine (Biblioteca Nacional de Medicina dos Estados Unidos).

Categoría:Transferases