James Graham Ballard, nado o 18 de novembro de 1930 e finado o 19 de abril de 2009, foi un escritor británico de ficción científica. Un gran número dos seus escritos describen distopías. Ballard é coñecido pola súa ficción provocativa que explora as relacións entre a psicoloxía humana, a tecnoloxía, o sexo e os medios de comunicación de masas.
Traxectoria Nace en Shanghai. Durante a segunda guerra mundial foi encerrado nun campo de concentración xaponés, experiencia que relataría na súa obra Empire of the Sun e que máis tarde levaría ao cine Steven Spielberg no filme O imperio do sol.
En 1946 a súa familia trasládase a Gran Bretaña e inicia estudos de medicina na Universidade de Cambridge, aínda que non os completará. Traballa como redactor nun xornal técnico e como porteiro do Covent Garden antes de incorporarse á RAF no Canadá, como piloto. Máis tarde traballaría como adxunto á dirección dunha revista científica.
Os seus primeiros contos datan de 1956 e nos anos 60 convértese nun dos autores de referencia da chamada Nova onda (en ) da ficción científica inglesa.
Publicacións Novelas The Wind from Nowhere (1961) The Drowned World (1962) The Burning World (1964) The Crystal World (1966) The Atrocity Exhibition (1970) Crash (1973) Concrete Island (1974) High-Rise (1975) The Unlimited Dream Company (1979) Hello America (1981) Empire of the Sun (1984) The Day of Creation (1987) Running Wild (1988) The Kindness of Women (1991) Rushing to Paradise (1994) Cocaine Nights (1996) Super-Cannes (2000) Millennium People (2003) Kingdom Come (2006)
Contos The Voices of Time and Other Stories (1962) Billennium (1962) Passport to Eternity (1963) The 4-Dimensional Nightmare (1963) The Terminal Beach (1964) The Impossible Man (1966) The Overloaded Man (1967) The Disaster Area (1967) The Day of Forever (1967) Vermilion Sands (1971) Chronopolis and Other Stories (1971) Low-Flying Aircraft and Other Stories (1976) The Best of J. G. Ballard (1977) The Best Short Stories of J. G. Ballard (1978) The Venus Hunters (1980) Myths of the Near Future (1982) The Voices of Time (1985) Memories of the Space Age (1988) War Fever (1990) The Complete Short Stories of J. G. Ballard (2001) The Complete Short Stories of J. G. Ballard: Volume 1 (2006) The Complete Short Stories of J. G. Ballard: Volume 2 (2006) The Complete Stories of J. G. Ballard (2009)
Non ficción A User's Guide to the Millennium: Essays and Reviews (1996) Miracles of Life (2008)
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Escritores de ficción científica Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores de Inglaterra Categoría:Nados en Shanghai Categoría:Nados en 1930 Categoría:Finados en 2009