A igrexa de San Vicenzo de Elviña é un templo relixioso situado en Elviña (A Coruña).

Descrición É unha igrexa dunha soa nave e ábsidas rectangulares. As partes máis antigas da igrexa son do século XII. A portada é románica con tres arquivoltas, mais fáltalle o tímpano.

No muro sur hai outra porta románica, mais a do norte foi tapada por unha construción moderna.

No exterior ten un adro ao que se accede por unha escalinata e un cruceiro.

Historia Preto do templo tivo lugar a batalla de Elviña.PXOM

A igrexa foi incendiada durante a insurrección anarquista de decembro de 1933, estragándose todo o seu interior. .

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Ficha en Turgalicia Parroquia

Elviña Elviña