José Manuel Barros González, nado en Mosende (O Porriño) o 18 de novembro de 1941 e finado no mesmo lugar o 2 de xaneiro de 2016Fallece a los 74 años José Manuel Barros, alcalde de Porriño durante dos décadas, foi un político galego do PPdeG.
Traxectoria Profesionalmente foi camioneiro, dependente nun establecemento comercial, axente bancario e axente de seguros, antes de dedicarse á políticaFallece el exalcalde de O Porriño José Manuel Barros, La Voz de Galicia, 3/1/2016..
Nas primeiras eleccións municipais da democracia, Barros figurou nas listas de Coalición Democrática no Porriño, e logo da vitoria por maoría absoluta desta candidatura ocupou o posto de primeiro tenente de alcalde. En febreiro de 1981 foi nomeado alcalde para substituír ao falecido Gonzalo Ordóñez Pérez. Nas eleccións municipais de 1983 encabezou a candidatura de Alianza Popular e foi reelixido alcalde con maioría absoluta. Mantivo a alcaldía con maioría absoluta á fronte de AP (logo Partido Popular) nas sucesivas eleccións (1987, 1991, 1995 e 1999). Nas municipais de 2003, se ben obtivo a vitoria, perdeu a maioría absoluta e foi desaloxado da alcaldía tras apoiar unha escisión no Partido Popular encabezada por Gonzalo Ordóñez Puime ó candidato do BNG Raúl Francés.
Foi deputado na Deputación de Pontevedra dende 1981 ata 1999, onde foi vicepresidente (1989-1999). Tamén foi vicepresidente da Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra ata a súa fusión coa Caixa de Aforros Municipal de Vigo. Tamén tivo cargos na Sociedade Galega de Garantía Reciproca e na Federación Galega de Municipios e Provincias. En 2007 abandonou a política activa.
O seu grande volume valeulle o título de alcalde máis gordo do mundo en 1999, certificado polo Libro Guiness con 153 kg, se ben despois ese peso foi aumentado.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos
Eleccións municipais no Porriño
Ligazóns externas El exalcalde de Porriño llegó a pagar 4.000 euros al extorsionador del deán
Categoría:Alcaldes do Porriño Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados no Porriño Categoría:Nados en 1941 Categoría:Finados en 2016 Categoría:Deputados provinciais de Pontevedra Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes