Guillermo Salgueiro Abad, nado en Area (Viveiro) cara a 1932 e finado no mesmo concello o 21 de agosto de 2023, foi un empresario e político galego do PPdeG
Traxectoria Empresario de hostalería; no 1967 abriu un dos primeiros equipamentos turísticos na Mariña, un motel que foi inaugurado por Manuel Fraga, daquela ministro de Información e Turismo.
Carreira política Nas eleccións municipais de 1987 encabezou a candidatura de Alianza Popular á alcaldía de Ourol e foi elixido alcalde de Ourol grazas ao apoio do concelleiro do CDS. Nas municipais de 1991 volveu encabezar a candidatura do PPdeG e obtivo a maioría absoluta. Volveu ser elixido con maioría absoluta nas seguintes eleccións até que en 2007 foi substituído por Marcial Sanjurjo Fernández.
Residía en Viveiro, e na súa última etapa en Sevilla por razóns de negocios. Finou en Viveiro o 21 de agosto de 2023.Adiós a un «empresario de raza», Guillermo Salgueiro, fundador del mayor complejo hotelero de A Mariña y excalcalde de Ourol
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Eleccións municipais en Ourol
Categoría:Alcaldes de Ourol Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Viveiro
Categoría:Nados en 1932
Categoría:Finados en 2023 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes