Carlos Boyero, nado en Salamanca o 2 de maio de 1953, é un crítico de cine español.
Traxectoria Durante a súa adolescencia adoitaba ler Charles Dickens e Dostoyevski, así como bandas deseñadas, sendo Corto Maltés o seu personaxe favorito. En 1971 comezou a estudar Ciencias da información na Universidade Complutense de Madrid, onde tivo como compañeiros de clase o actor Antonio Resines e o director Fernando Trueba. Con este último participou en 1974 como actor, xunto a Óscar Ladoire, na curtametraxe Óscar y Carlos.
Os seus inicios como crítico comezaron a finais dos anos 70 no semanario La Guía del Ocio, onde foi contratado por recomendación do seu compañeiro Fernando Trueba, que xa traballaba no semanario. Debido a que escribía con frecuencia críticas desfavorables que facían peligrar os contratos publicitarios do semanario e a relación da propia revista coas personalidades do mundo do cine foi despedido en 1986.
Despois de ser despedido comeza a traballar en El Independiente e Diario 16, ata o peche deste último no ano 2001, cando pasa a colaborar co xornal El Mundo e dende outubro de 2007 con El País.
Polémica En outubro de 2024, Boyero fixo unhas declaracións galegófobas durante unha entrevista en "The Wild Project", nas que dixo que lle tiña manía ao actor galego Luis Zahera e ao seu "acento permanentemente galego".
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Artigos de Carlos Boyero Videoblog Páxina oficial de Boyero e Cía
Categoría:Nados en 1953 Categoría:Nados en Salamanca Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Personalidades do cinema de España Categoría:Xornalistas de Castela e León Categoría:Personalidades sen imaxes