Saw IV é un filme canadense-estadounidense de terror psicolóxico dirixido por Darren Lynn Bousman. É o cuarto filme da franquía Saw. Está protagonizado por Tobin Bell, Costas Mandylor, Scott Patterson, Betsy Russell, Lyriq Bent, Justin Louis e Donnie Wahlberg.
Sinopse Jigsaw e a súa aprendiz Amanda están mortos. Tras coñecer a morte do detective Kerry, dous criminólogos do FBI, o axente Strahm e a axente Pérez, chegan a comisaría de policía para axudar ó Detective Hoffman a investigar o último xogo de Jigsaw. O obxectivo é dar sentido ás pezas do crebacabezas. Pero de súpeto, o Comandante Rigg do SWAT, o único oficial ó que Jigsaw non tocara, é secuestrado e obrigado a formar parte do xogo deste psicópata. O oficial ten só 90 minutos para superar unha serie de trampas conectadas entre si ou do contrario a súa vida estará en perigo.
A busca de Rigg por toda a cidade deixa tras si unha macabra estela de cadáveres, o que lle permite ó detective Hoffman e ó FBI descubrir pistas que estaban ocultas durante moito tempo e que os levan ata Jill, a ex-esposa de Jigsaw. Ó final desvélase o malvado xogo de Jigsaw e saen á luz as verdadeiras intencións do mestre dos monicreques, así como o sinistro plan que deseñara para vítimas pasadas, presentes e futuras.
Personaxes Tobin Bell como John Kramer Costas Mandylor como Detective Mark Hoffman Scott Patterson como Axente Peter Strahm Betsy Russell como Jill Tuck Lyriq Bent como Tenente Daniel Rigg Athena Karkanis como Axente Lindsey Perez Justin Louis como Art Blank Donnie Wahlberg como Detective Eric Matthews Angus Macfadyen como Jeff Denlon Dina Meyer como Detective Allison Kerry Marty Adams como Ivan Landsness Janet Land como Morgan Ron Lea como Rex Sarain Boylan como Brenda Billy Otis como Cecil Adams Kevin Rushton como Trevor Mike Realba como Detective Fisk Ingrid Hart como Tracy Rigg James Van Patten como Dr. Heffner Emmanuelle Vaugier como Addison Corday Noam Jenkins como Michael Marks Tony Nappo como Gus Colyard Mike Butters como Paul Stallberg J. Larose como Troy Oren Koules como Donnie Greco
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 2007 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes do Canadá Categoría:Filmes dirixidos por Darren Lynn Bousman Categoría:Filmes de Lions Gate Entertainment Categoría:Filmes de terror psicolóxico Categoría:Filmes rodados en Toronto Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América