Aristolochia serpentaria L., coñecida polo nome común de serpentaria de Virxinia, ou serpentaria, é unha especie herbácea norteamericana da familia das aristoloquiáceas (Aristolochiaceae). É unha especie perenne con distribución natural no leste de América do Norte, desde Connecticut ao sur de Míchigan, a Texas e a Florida.Aristolochia serpentaria USDA Plants Profile (2011-11-28)Aristolochia serpentaria Michigan Natural Features Inventory (2011-11-28)

Descrición A especie está considerada en perigo no estado de Nova York, rexión onde a especie foi por diversas veces encontrada entre 1895 e 1994, sendo nesta última data dada como presente nas Hudson Highlands. Mais, aínda así, desde entón, olláronse outras poboacións dispersas neste estado.Virginia Snakeroot New York Natural Heritage Program (2011-11-28)

A especie é tamén rara no estado de Connecticut, onde integra a lista das especies con estado de conservación preocupante.Virginia Snakeroot Connecticut Botanical Society - Wildflowers (2011-11-28) No estado de Míchigan a especie considérase ameazada.

Uso medicinal É cultivada na India polos seus rizomas empregados para o tratamento de picadas de serpentes, os indios norteamericanos usábana como remedio para picadas de cobra. En Europa, o seu uso medicinal data do século XVII. É tamén usada polo seu efecto antiinflamatorio, actúa como tónico e diurético, alén de producir aceite esencial.Peter Hanelt; Institute of Plant Genetics and Crop Plant Research; W. Kilian (2001). Mansfeld's Encyclopedia of Agricultural and Horticultural Crops: (Except Ornamentals). Springer Science & Business Media. p. 105. ISBN 978-3-540-41017-1.

Notas

Categoría:Aristolochiaceae