A Oficina de Administración e Orzamento (no acrónimo derivado do inglés, OMB) definiu 381 áreas estatísticas metropolitanas (co acrónimo MSA) para os Estados Unidos de América e 7 para Porto Rico. A OMB define á Área Estatística Metropolitana como un ou máis condados ou equivalentes a condados adxacentes entre si que teñan unha área central urbana de cando menos 50.000 habitantes, máis un territorio adxacente que teña un alto grao de integración social e económica co núcleo principal medido en base aos lazos derivados das súas comunicacións.
Estados Unidos miniatura|300px|Mapa ampliable dos 955 núcleos centrais das áreas estatísticas (CBSA) dos Estados Unidos e Porto Rico en febreiro de 2013. As 374 áreas estatísticas metropolitanas (MSA) móstranse en cor verde escuro. As 581 áreas estatísticas micropolitanas (μSA) móstranse en cor verde claro. Na seguinte táboa clasificable enuméranse as 381 Áreas Estatísticas Metropolitanas (MSA) dos Estados Unidos contendo a seguinte información: A clasificación da MSA por poboación no 1 de xullo de 2014, segundo a estimación da Oficina do Censo dos Estados Unidos O nome da MSA de acordo á designación da Oficina de Administración e Orzamento A poboación da MSA no 1 de xullo de 2014, segundo a Oficina do Censo dos Estados Unidos A poboación da MSA no 1 de abril de 2010, segundo o Censo dos Estados Unidos de 2010 A porcentaxe de variación da poboación da MSA entre o 1 de abril de 2010 e o 1 de xullo de 2014 A Área Estatística Combinada (CSA)A Oficina de Administración e Orzamento dos Estados Unidos (OMB) define unha área estatística combinada (CSA) como unha suma das áreas estatísticas nucleares adxacentes que están vencelladas entre si por lazos comúns. se a MSA é parte dela