miniatura|240px|Tamanduá mexicano (Tamandua mexicana). A dos vermilingües (Vermilingua) é unha suborde de mamíferos placentarios da orde dos pilosos, que son coñecidos vulgarmente como osos formigueiros,Oso formigueiro na Dicopedia do Século 21. ou tamanduás.Tamadúa no Diccionario normativo galego-castelán de Galaxia. A acentuación do Normativo de Galaxia é incorrecta; probabelmente é un castelanismo antigo; hoxe en castelán é a correcta tamanduá.

Propios do sueste mexicano, América Central e Suramérica, a suborde comprende tan só catro especies viventes, repartidas en dúas familias, a dos ciclopédidos e a dos mirmecofáxidos. Son o oso formigueiro xigante (Myrmecophaga tridactyla), que mide 1,80 m de lonxitude (contando a cola), as dúas especies do xénero Tamandua (T. tetradactyla e T. mexicana), que miden uns 90 cm, e o oso formigueiro pigmeo (Cyclopes didactylus) de tan só 35 cm de longo.

Están emparentados cos preguiceiros, cos que comparten a orde dos pilosos, pero a súa alimentación é basicamente a base de formigas e térmites, ao que deben o seu nome.

Taxonomía Descrición A suborde describiuna en 1811 o zoólogo alemán Johann Karl Wilhelm Illiger.Vermilingua en MSW.

Etimoloxías O termo do latín científico Vermilingua deriva do elemento Vermi-, do latín vermis, "verme" (xenitivo vermiis) e lingua, "lingua". Literalmente: "os que teñen a lingua en forma de verme.

O sinónimo tamanduá procede do tupí-guaraní tamanduá, que significa "comedor de formigas", é dicir, "oso formigueiro".tamanduá no DRAE.

Clasificación A suborde dos vermilingües divídese en dúas familias que comprenden diversos xéneros, varios deles extintos.Mikko's Phylogeny Archive - Vermilingua Só se sinalan os xéneros e especies actuais.

Suborde Vermilingua Illiger, 1811

Familia Cyclopedidae Pocock, 1924.Cyclopedidae en MSW. Xénero Cyclopes Gray, 1821 Cyclopes didactylus (Linnaeus, 1758) Familia Myrmecophagidae Gray, 1825.Myrmecophagidae en MSW. Xénero Myrmecophaga Linnaeus, 1758 Myrmecophaga tridactyla Linnaeus, 1758 Xénero Tamandua Gray, 1825 Tamandua mexicana Saussure, 1860 Tamandua tetradactyla Linnaeus, 1758

Notas

Véxase tamén

Bibliografía McKenna, Malcolm C. & Bell, Susan K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8. Nowak, Ronald M. (1999): Walker's Mammals of the World. 6ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8. Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference'' 3rd ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.

Outros artigos Folívoros Pilosos

Ligazóns externas Vermilingua na ADW. Vermilingua na EOL. Fourmilier na Enciclopedia Larousse en liña.

Categoría:Placentarios