Todd Haynes ([heɪnz]), nado nos Ánxeles (Estados Unidos) o 2 de xaneiro de 1961 é un director e guionista estadounidense.

Traxectoria Haynes comezou a ter interese polo cinema moi novo, e produciu unha curtametraxe, The Suicide (1978), mentres estaba no instituto. Na Universidade Brown estudou semiótica e alí dirixiu a súa primeira curtametraxe, Assassins: A Film Concerning Rimbaud (1985), inspirada polo poeta Arthur Rimbaud. Tras graduarse marchou a Nova York, onde se involucrou no cinema independente como produtor.

Debutou na longametraxe con Poison (1991), que lle valeu recoñecemento e controversia, pola súa exploración da homosexualidade e da figura do escritor Jean Genet.

En 2002 acadou un grande éxito de crítica e público con Far From Heaven (2002), melodrama ambientado na década de 1950 inspirado polos filmes de Douglas Sirk e con Julianne Moore e Dennis Quaid como protagonistas.

En 2011 dirixiu a miniserie Mildred Pierce, baseada na novela de James M. Cain, con Kate Winslet, e en 2015 foi candidato a varios premios por Carol, con Cate Blanchett e Rooney Mara.

Filmografía Poison (1991) Safe (1995) Velvet Goldmine (1998) Far from Heaven (2002) I'm Not There (2007) Carol (2015) Segredos dun escándalo (2023)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Guionistas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados nos Ánxeles Categoría:Nados en 1961