Adrián Campos Suñer, nado en Alzira (Valencia), o 17 de xuño de 1960, e finado o 28 de xaneiro de 2021, foi un piloto de Fórmula Un español. Participou en 21 Grandes Premios, debutando o 12 de abril de 1987, sen lograr un punto no campionato. Máis tarde dedicouse á xestión de equipos, con máis éxito. Foi o fundador do equipo de Fórmula Un Campos Meta (máis tarde coñecido como HRT), que competiu na Fórmula Un desde a tempada a .
Andaina
Primeiros anos Campos logrou o primeiro éxito nas carreiras de coches de radio control, gañando o campionato español en 1980. Cambiouse aos coches de competición un ano despois, e competiu na Fórmula 3 de 1.983 ata 1.985, terminando terceiro no Campionato Alemán de 1985. correu na Fórmula 3000 en 1986, cun modesto éxito.
Fórmula Un miniatura|O Minardi do seu debut Logo de facer algunhas probas para Tyrrell en 1986, Campos correu nas tempadas e de F1 para o equipo Minardi, primeiro xunto a Alessandro Nannini e logo co seu compatriota Luís Pérez-Sala. Só completou dous das 21 carreiras nas que entrou, aínda que moitos abandonos debéronse a fallas mecánicas e non a erros de condución. Con todo, estas retiradas fixéronlle perder a motivación e en 1988, foi substituído por Pierluigi Martini logo de non poder cualificar en tres carreiras consecutivas.
Logo da Fórmula Un Campos competiu en Vehículos de Turismo de España, gañando o campionato en 1994. 1997 sería o último ano de Campos pasaría como piloto profesional. Logo dalgunhas carreiras de prototipos deportivos como o Ferrari 333SP, formou o seu propio equipo como propietario.
Escudaría
Tras retirarse da competición activa, fundou en 1992 a súa propia escudaría, Bravo F1, xunto a Jean Francois Mosnier, aproveitando a súa experiencia como piloto de F1. Contratou a Nick Wirth e a Jordi Gené. Con todo, a repentina morte de Jean Francois Mosnier condicionou económica e moralmente o proxecto, polo que o abandonou. Finalmente fundou Adrián Campos Motorsport, que máis tarde se convertería en Campos Racing e Campos Grand Prix. Comezou na Fórmula Nissan (Open Fortuna by NMissan, Open Movistar by Nissan e Open Telefónica by Nissan), que gañou en tres ocasións da man de Marc Gené, Fernando Alonso e Antonio García, de quen posteriormente se convertería en representante.
Adrián Campos como director da escudaría Campos Racing, gañou todas as competicións que disputou: as GP2 con pilotos como Giorgio Pantano, Lucas di Grassi, Sergio Hernández e Vitaly Petrov e a European F3 contando nas súas filas con Roldán Rodríguez, os irmáns Álvaro e Marco Barba, Bruno Méndez, Germán Sánchez ou Adrián Campos Jr.. En 2007 foi a primeira escudaría en seleccionar a unha muller, Natacha Gachnang, para disputar o campionato.
Logo de lograr este exitoso palmarés, o alcireño volveu de novo as súas miras á F1. O 12 de xullo de 2009, a FIA deulle un dos tres novos equipos a Campos Grand Prix, quen xunto á empresa Meta Image fundou en 2010 Campos Meta F1, pero a disparidade de métodos e obxectivos de ambos e, máis tarde, co empresario José Ramón Carabante fixo que Campos preferise dar un paso atrás e desvincularse antes que liderar un proxecto que xa non consideraba propio.
Fórmula Un Campos seguía interesado na Fórmula Un, e considerou a compra dos activos do desaparecido equipo Super Aguri. En maio de 2009, Campos Grand Prix presentou unha opción para a tempada ,, que foi un dos catro novos equipos en ser aceptado A entrada realizouse correctamente, xunto con Lotus F1, Virgin e US F1. O equipo, que pronto foi renomeado como Campos Meta, confirmou o 30 de outubro de 2009 que Bruno Senna, o sobriño de Ayrton Senna, sería un dos pilotos na grella de .
En febreiro de 2010, co equipo Campos loitando financeiramente, completou un acordo de rescate polo que o accionista José Ramón Carabante asumiu o control total do equipo. Como parte da reestruturación, Campos foi substituído como director do equipo por Colin Kolles. O equipo pasou a chamarse Hispania Racing (ou HRT F1), con Campos no papel de vicepresidente executivo.
Vida persoal O seu avó materno Luís Suñer foi un importante empresario industrial en España. O seu pai fundou a empresa Avidesa de alimentos conxelados. Ten un fillo cuxo nome é tamén Adrián Campos.
Rexistro de carreiras
Resultados completos na fórmula 3000
(key) (Carreiras en negra indican pole position; carreiras en italica indican volta rápida.) Ano Equipo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 Pos. Puntos 1986 Gethin Racing SIL16 VALNSC PAURet SPANSC IMORet MUGNTS PERNSC ZEL BIR 23º 1 Lola Motorsport BUGRet JAR</span>6
Resultado completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida. Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 Pos. Puntos Minardi Team Minardi M187 MM V6 (t/c) BRADSC SMRRet BELRet MONNTS DETRet FRARet GBRRet ALERet HUNRet AUTRet ITARet PORRet ESP14 MEXRet XPNRet AUSRet NC 0 Lois Minardi Team Minardi M188 Cosworth V8 BRARet SMR16 MONNSC MEXNSC CANNSC DET FRA GBR ALE HUN BEL ITA POR ESP XPN AUS NC 0
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Campos Meta site Campos GrandPrix - GP2 Series official website
Categoría:Nados en 1960 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de España Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Minardi Categoría:Pilotos das 24 Horas de Le Mans Categoría:Propietarios de escuderías de Fórmula 1 Categoría:Finados en 2021 Categoría:Nados en Alzira