Gregorio IV (Roma, (¿?) — 25 de xaneiro de 844). Papa da Igrexa católica de 827 a 844. Fillo dun patricio romano, exercía as funcións de presbítero en Roma cando ocupou o solio pontificio. Elixido papa pouco despois da morte de Valentino, non foi ordenado bispo ata o 5 de xaneiro de 828 por agarda-la confirmación imperial.

Categoría:Papas Categoría:Finados en 844