Wedem Arad (en amhárico: ወደም አራድ?), morto en 1314, foi emperador () (1299–1314) de Etiopía e un membro da dinastía salomónica. Era irmán de Yagbe'u Seyon, e ripoulles o poder aos seus sobriños.
Reinado Só hai rexistrada unha acción militar deste gobernante. No primeiro ano do seu reinado, un Sheikh Abu-Abdallah reunira unha multitude, e proclamou unha jihad contra o reinado de Wedem Arad. El enviou algúns axentes ao campamento de Abu-Abdallah, que lograron persuadir a maioría dos seus seguidores para que desertasen. Sen suficientes homes, Abu-Abdallah foi forzado asinar un tratado con Wedem Arad, a cambio de "proporcionarlles todas as súas necesidades ata que sexan completamente satisfeitas". Taddesse Tamrat suxire que isto implicou darlles terras asentarse e observa no extremo do territorio de Shewa hai un localidae coñecida como "Abdalla", a cal podería ser aquel asentamento.Taddesse Tamrat, Church and State in Ethiopia (Oxford: Clarendon Press, 1972), p. 131.
En 1306, Wedem Arad mandou unha embaixada de 30 enviados a Europa á procura do "rei das Españas" (probablemente Castela e Aragón). Quizais ouvindo dos éxitos dos cristiáns contra o Al-Andalus en Iberia, Wedem Arad quixo negociar un pacto de defensa mutua con eles contra os seus inimigos musulmáns comúns. Se os enviados alcanzaron ou non o seu destino é unha incógnita, mais visitaron Roma e chegaron ata Aviñón. Atrasados no seu regreso ao seu país, pasaron un tempo en Xénova, onde foron entrevistados polo xeógrafo Giovanni da Carignano. O relato de Giovanni sobre o país destes embaixadores, baseado nas entrevistas, perdeuse, mais foi resumido por Jacobus Philippus Foresti da BergamoGiacomo Filippo Foresti da Bergamo no seu Supplementum Chronicarum; este é o primeiro texto que asocia a figura lendaria do Preste Xoán con Etiopía.Silverberg, Robert The Realm of Prester John (Athens: Ohio University Press, 1972), pp. 164–165.
G.W.B. Huntingford especula que durante o reinado de Wedem Arad o asentamento de Tegulet converteuse na capital de Etiopía.G.W.B. Huntingford, The Historical Geography of Ethiopia (Londres: The British Academy, 1989), p. 78
Referencias
Categoría:Finados en 1314 Categoría:Emperadores de Etiopía