Antonio Dieter Moure Areán, nado en Ourense en 1951, é un mestre e empresario galego, presidente da Confederación de Empresarios de Galicia.
Traxectoria Licenciado en Arte e director dun centro de formación profesional privado da capital ourensá, o colexio Valle Inclán, que fundou en 1975, ostentou varios cargos relacionados co asociacionismo empresarial e máis tamén con outros tipos de asociacionismo. Foi presidente da Federación Galega de Balonmán, é impulsor do colectivo de valorización do románico O Sorriso de Daniel, e tamén parte do equipo directivo da Confederación de Empresarios de Galicia durante oito anos, baixo a presidencia de Antonio Fontenla. Tamén como dirixente empresarial foi presidente das empresas de formación de Ourense e secretario da asociación española de empresas dese mesmo sector.
A finais de 2015 Moure presentou a súa candidatura para suceder o dimitido Fernández Alvariño. Enfrontouse a outro candidato nado en Ourense, José Manuel Pérez Canal, a quen se impuxo en xaneiro de 2016 por unha escasa marxe. Porén, só uns meses despois, aínda antes de se facer o ano de mandato, presentou a súa dimisión.
Notas
Categoría:Presidentes da Confederación de Empresarios de Galicia Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1951