A Gran Enciclopèdia Catalana (GEC) é unha enciclopedia xeral escrita en lingua catalá. Recolle alfabeticamente toda clase de entradas históricas, xeográficas, culturais etc. de todo o mundo, vistas, cando se presta, cunha óptica catalá, e moi especialmente novas semellantes do ámbito catalán. Tamén contén un amplo dicionario de léxico común que foi revisado na primeira edición da obra por Ramon Aramon i Serra. Posteriormente, saíron diversas edicións e volumes de apéndice e tamén posúe unha versión dixital. No ano 1991 foi galardoada co Premio Creu de Sant Jordi.
Edicións e reimpresións Primeira edición: xullo de 1969. Segunda edición: xuño de 1986. Primeira reimpresión: abril de 1988. Segunda reimpresión: marzo de 1989. Terceira reimpresión: xuño de 1990. Cuarta reimpresión (actualizada): febreiro de 1992. Quinta reimpresión: setembro de 1992. Sexta reimpresión (actualizada): outubro de 1993. Sétima reimpresión (actualizada): xullo de 1994. Oitava reimpresión (actualizada): xaneiro de 1995. Novena reimpresión (actualizada): xaneiro de 1996. Décima reimpresión (actualizada): maio de 1998. Décimo primeira reimpresión (actualizada): outubro de 2000.Gran Enciclopèdia Catalana. 84-85194-81-0. Edición de outubro de 2000
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Enciclopedias en catalán Categoría:Enciclopedias en liña