Santa María de Fumaces e A Trepa é unha parroquia do concello de Vilardevós na comarca de Verín da provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2014 tiña 44 habitantes (23 homes e 21 mulleres) distribuídos nunha única entidade de poboación.
Formaba parte da parroquia eclesiástica de Fumaces e A Trepa que estaba formada polo lugar desta parroquia civil (a aldea de Feilas) e mais os tres lugares da parroquia homónima do concello do Riós. Desde 1951 pertence á parroquia eclesiástica da Trepa, resultado da división da anterior parroquia eclesiástica en dúas.
Notas
Lugares e parroquias Lugares de Fumaces e A Trepa
Parroquias de Vilardevós
Véxase tamén Outros artigos Fumaces e A Trepa Fumaces e A Trepa, O Riós
Categoría:Parroquias de Vilardevós Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María Categoría:Parroquias civís galegas que non coinciden coas eclesiásticas