Joan Dausà, nado en Sant Feliu de Llobregat en 1979, é un músico, actor e presentador catalán. É coñecido principalmente pola súa banda de música pop Joan Dausà i els Tipus d'Interès.
Traxectoria profesional Como actor, fixo os seguintes papeis: Extra en El cor de la ciutat (TV3) Krust en Club Super 3 (TV3) Diversos papeis en obras dirixidas por Oriol Broggi e Javier Daulte Voz de Xavi Masdéu na serie de animación Arròs covat Personaxe de Nico na serie La Riera (TV3) Papel en Barcelona, nit d'estiu Aparición en Barcelona, nit d'hivern
Habitualmente fai de presentador de actos e acontecementos, como La festa dels súpers, ou o Certamen Nacional de Lectura en Veu Alta.
Como músico, é membro, líder e cara visible do grupo Joan Dausà i els Tipus d'Interès, co fixo catro traballos, alén de varias xiras e concertos. É o autor da BSO dos filmes Barcelona, nit d'estiu (pola cal recibiu un premio Gaudí) e Barcelona nit d'hivern.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina de Joan Dausà
Categoría:Cantantes de Cataluña Categoría:Actores de Cataluña Categoría:Nados en 1979 Categoría:Nados en Sant Feliu de Llobregat