Louis Alexandre Chiron, nado o 3 de agosto de 1899 e finado o 22 de xuño de 1979, foi un piloto de carreiras de Mónaco.
Andaina Cando era adolescente, Louis Chiron namorouse dos coches e as carreiras. Aprendeu a conducir moi novo e uniuse ao circuíto do Gran Premio logo da Primeira guerra mundial onde fora recrutado pola sección de artillaría para servir como chofer. Competía en Francia, onde en 1926 gañou a súa primeira carreira local, o Gran Premio de Comminges en Saint-Gaudens preto da cidade de Tolosa. A partir de aí, Chiron logrou con Bugatti e un Alfa Romeo P3 importantes vitorias no Gran Premio de Marsella, no Circuíto de Masaryk, e no Gran Premio de España. Ademais, asociouse co piloto campión de maratón Luigi Chinetti para gañar a carreira de resistencia das 24 Horas de Spa de 1933 en Bélxica. Tamén conduciu un Delage ao sétimo lugar nas 500 Millas de Indianápolis de 1929. Gañou o Gran Premio de Mónaco de 1931, e é o único piloto nado en Mónaco en facelo.
A carreira de Louis Chiron chegou ao seu fin coa súa retirada en 1938 e das carreiras de autos un ano máis tarde co estalido da Segunda guerra mundial. Cando reiniciáronse as carreiras logo da guerra, Chiron reapareceu pilotando un Talbot-Lago logrando a vitoria en dúas carreiras do Gran Premio de Francia. En 1949, no primeiro Rally de Montecarlo logo da Segunda guerra mundial tivo lugar unha gran festa de celebración en Mónaco. No que agora é considerado como un dos momentos máis negros da vida de Chiron, na festa, diante de numerosos organizadores da carreira, pilotos e celebridades, Chiron acusou a muller piloto Hellé Nice de ser unha axente da Gestapo durante a guerra. (Isto ten un aspecto irónico, no que o atractivo dun coche superior, levou a Chiron a prestar a súa habilidade ao equipo Mercedes-Benz, que os nazis utilizaban como obxecto de propaganda para a súa filosofía da superioridade racial, en momentos en que o seu colega e rival xudeu René Dreyfus non podería). A súa acusación sen fundamento destruíu a vida de Nice que sería rexeitada por todos, morrendo na extrema pobreza.
No momento en que se organizou a nova competición da Fórmula 1 para a tempada 1950, a idade empezaba a pasarlle factura, pero aínda así gañou o Rally de Monte Carlo de 1954 emparellado co piloto suízo Ciro Basadonna. Nas carreiras de F1, Chiron conseguiu un podio nas súas quince carreiras e en , fronte unha multitude na súa cidade natal de Monte Carlo, unhas semanas antes do seu 56 aniversario converteuse no piloto de maior idade en competir nunha carreira de Fórmula 1. Co aplauso do príncipe Rainiero e os seus moitos fans levou o seu Lancia D50 ao sexto lugar no Gran Premio de Mónaco de 1955.
Logo duns notables 35 anos nas carreiras, no seu retiro Chiron aínda permaneceu activo como executivo da organización que executa o Gran Premio de Mónaco, que o honrou cunha estatua erixida na pista de carreiras do Gran Premio e poñéndolle o seu nome á curva da piscina. Louis Chiron logrou a maioría de podios en coches de Bugatti, e a empresa Bugatti lémbrao co Bugatti 18/3 Chiron nomeado na súa honra.
Louis Chiron é tamén o piloto de maior idade que participou nun Gran Premio de Fórmula Un. Na súa última carreira de F1, o Gran Premio de Mónaco de 1958 tiña 58 anos de idade.
Rexistro de carreiras
Importantes vitorias na súa carreira
Gran Premio de Bélxica : 1930 Gran Premio de Checoslovaquia : 1931, 1932, 1933 Gran Premio de Francia : 1931, 1934, 1937, 1947, 1949 (Reims) Gran Premio de Alemaña : 1929 Gran Premio de Italia : 1928 Gran Premio de España : 1928, 1929, 1933 Gran Premio de Mónaco : 1931 Gran Premio de Marrocos: 1934 Gran Premio du Comminges : 1947 Gran Premio de Marsella : 1933 Gran Premio de Niza : 1932 24 Horas de Spa : 1933 Gran Premio de Roma : 1928 Gran Premio de Marne : 1928
Resultados completos no Campionato Europeo (Carreiras en negra indican pole position) Ano Equipo Marca 1 2 3 4 5 EDC Puntos 1931 Usines Bugatti Bugatti ITARet FRA1 BELRet 4= 12 1932 Ettore Bugatti Bugatti ITARet FRA4 ALERet 5= 17 1935 Scuderia Ferrari Alfa Romeo BEL3 ALERet SUIRet ITA ESPRet 9= 29 1936 Daimler-Benz AG Mercedes-Benz MONRet ALERet SUI ITA 18= 28
Resultados completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 Pos. Pts. Officine Alfieri Maserati Maserati 4CLT/48 Maserati L4C GBRRet MON3 500 SUI9 BEL FRARet ITARet 10º 4 Enrico Platé Maserati 4CLT/48 Maserati L4C SUI7 500 NC 0 Ecurie Rosier Talbot-Lago T26C Talbot L6 BELRet FRA6 GBRRet ALERet ITARet ESPRet Louis Chiron OSCA 20 OSCA L6 ARX 500 NED BEL FRA15 GBRNTS ALE SUINTS ITA10 NC 0 Scuderia Lancia Lancia D50 Lancia V8 ARX MON6 500 BEL NED GBR ITA NC 0 Scuderia Centro Sud Maserati 250F Maserati L6 ARX MONNTS 500 BEL FRA GBR ALE ITA NC 0 André Testut Maserati 250F Maserati L6 ARX MONNSC NED 500 BEL FRA GBR ALE POR ITA MAR NC 0
Rally gañados Rally de Monte Carlo - 1954
Legado Louis Chiron foi tan popular en Checoslovaquia, cuxo Gran Premio gañou tres veces consecutivas que logo de 75 anos, o seu nome aínda vive nun dito popular "Conduce como Chiron", que se utiliza principalmente cando se refire aos condutores que se exceden na velocidade ou en xeral ás persoas que conducen moi rápido.
Véxase tamén
Ligazóns externas
Grand Prix History , Louis Chiron Louis Chiron at The Crittenden Automotive Library Louis Chiron at Le Mans
Categoría:Nados en 1899 Categoría:Finados en 1979 Categoría:Nados en Mónaco Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Mónaco Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Bugatti Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Maserati Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Lancia Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Ecurie Rosier Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Enrico Platé Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Scuderia Centro Sud Categoría:Pilotos das 24 Horas de Le Mans Categoría:Pilotos das 24 Horas de Spa Categoría:Pilotos das 500 Millas de Indianápolis