A dos megaloníquidos (Megalonychidae) é unha familia de mamíferos placentarios da orde dos pilosos e suborde dos folívoros.Megalonychidae en MSW.
Moi diversa durante o cenozoico, na actualidade na familia só sobrevive un xénero, Choloepus Illiger, 1811, con dúas especies:
Choloepus didactylus (Linnaeus, 1758) Choloepus hoffmanni Peters, 1858
Taxonomía Descrición A familia foi descrita en 1889 polo naturalista, paleontólogo e zoólogo arxentino Florentino Ameghino, en Acta Acad. Nac. Cienc. Córdoba, Buenos Aires, 6: 690.
Etimoloxía O nome científico da familia, Megalonychidae, está formado, como é usual, sobre a base da raíz do nome do xénero tipo, neste caso Megalonyx, actualmente extinguido, engadindo o sufixo do latín científico -idae (tirado do grego antigo -ιδαι -idai, plural de -ιδης -idēs, co significado de "aparencia, aspecto, forma"), propio dos nomes das familias de animais.
Pola súa parte, o nome do xénero Megalonyx está formado polos elementos megal- (tirado do grego μεγαλο- megalo-, "grande" (derivado do adxectivo μέγας, μεγάλη, μέγα mégas, megálē, méga, "grande") e -onyx (derivado do grego όνυξ ónyx, "uña, garra"). Literalmente: "os de grandes garras".
Xéneros extintos Como quedou dito, a familia foi moi diversa durante o cenozoico, conservándose numerosos restos fósiles de moitas especies dos seguintes xéneros:
Acratocnus Analcimorphus Diheterocnus Hyperleptus Megalocninae Megalocnus Megalonychops Megalonychotherium Megalonyx Meizonyx Mesocnus Microcnus Miocnus Nothropus Pliometanastes Proplatyarthrus
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Nowak, R. (1999): Walker's Mammals of the World. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. Vizcaíno, S. & W. Loughry (2008): The Biology of the Xenarthra. Gainsville, Florida, USA: The University Press of Florida. Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference' 3rd ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press.
Outros artigos Pilosos Folívoros Choloepus Choloepus didactylus Choloepus hoffmanni
Ligazóns externas Megalonychidae en Fossilworks. Megalonychidae na ADW. Con abundante información, imaxes, mapas de distribuión e bibliografía Megalonychidae na EOL.
Categoría:Placentarios