Bradypus variegatus é unha especie de mamífero placentario da orde dos pilosos, suborde dos folívoros e familia dos bradipódidos,Bradypus variegatus en MSW. unha das catro que integran o seu único xénero, Bradypus.Bradypus en MSW.

É o preguiceiro de tres dedos máis estendido e máis común dentro do seu grupo, xa que se distribúe polo sur de México, Centroamérica e Suramérica (desde Venezuela ao sur do río Orinoco até as Güianas e o Brasil),Moraes-Barros, N.: Chiarello, A. & Plese, T. (2014): Bradypus variegatus na Lista vermella deespecies ameazadas da UICN. Versión 2015-4. Consultada o 20 de xaneiro de 2016. onde habita en moitos e diferentes tipos de ambientes, incluíndo bosques perennifolios, bosques secos e moitas áreas naturais incluso as altamente perturbadas.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía McKenna, Malcolm C. & Bell, Susan K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8. Nowak, Ronald M. (1999): Walker's Mammals of the World. 6ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8. Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference 3rd ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0. VV. AA. (1968): Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 6. Animales vertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 83–86.

Outros artigos Pilosos Folívoros Bradipódidos

Ligazóns externas Bradypus variegatus na ADW. Con ampla información, imaxes, mapas e bibliogrfafía . Bradypus variegatus na EOL. Bradypus variegatus en WAZA .

Categoría:Placentarios Categoría:Animais descritos en 1825