Parroquias de Florida280px Mapa de localización das Parroquias de Florida As Parroquias de Florida (, , ), na parte oriental do río Mississippi que tamén son coñecidas como a rexión da Ribeira Norte (Northshore) ou mesmo a rexión do Lago Norte (Northlake), son oito parroquias na parte sueste do estado de Luisiana, que foi parte da Florida Occidental no século XVIII e principios dos XIX. A diferenza da maior parte de Luisiana, esta rexión non foi parte en 1803 da Compra de Luisiana, posto que estivo baixo o control británico e logo español os anteriores corenta anos. As parroquias son East Baton Rouge, East Feliciana, Livingston, Saint Helena, Saint Tammany, Tangipahoa, Washington e West Feliciana.

Estados Unidos anexouse a maior parte de Florida Occidental en 1810. Rapidamente incorporaron a área do que logo serían as Parroquias de Florida ao Territorio de Orleans, que pasou a ser un estado da Unión en 1812.

En 1990, o estado de Luisiana denominou formalmente á rexión "a República da Rexión Histórica de Florida Occidental, ou as Parroquias de Florida".

Historia miniatura|200px|A "Bandeira Bonnie Blue" de Florida Occidental Esta área foi nun tempo parte da Luisiana Francesa. Despois da Guerra franco-india, non obstante, a rexión, como a maioría do resto da Luisiana Francesa ao leste do río Mississippi (exceptuando a Île d'Orléans (actual Nova Orleáns), foi transferida a Gran Bretaña. A rexión pasou a formar parte da provincia colonial británica de Florida Occidental.

Tras a Guerra Revolucionaria dos Estados Unidos de América, Florida Occidental foi obxecto dunha disputa fronteiriza entre os recentemente formados Estados Unidos e España, que adquiriron as Florida Oriental e Occidental dos británicos despois da guerra. A disputa levou aos colonos americanos e británicos de Florida Occidental ao oeste do río Perdido a declarar a independencia da República de Florida Occidental en 1810 e elixir o seu líder, Fulwar Skipwith, como presidente. A Republic foi rapidamente anexionada polos Estados Unidos e as actuais Parroquias de Florida foron incorporadas ao Territorio de Orleans, que incorporouse á Unión como o Estado de Luisiana en 1812. A bandeira da República de Florida Occidental, que a miúdo se identificaba coa bandeira Bonnie Blue da era da Guerra Civil, ondea en moitos edificios públicos das Parroquias de Florida. En 2006 a Lexislatura estatal ou Parlamento definiuna como a "bandeira oficial da Rexión Histórica da República de Florida Occidental".

Xeografía As Parroquias de Florida alónganse desde o estado de Mississippi nos seus límites oriental e setentrional, ata o río Mississippi na súa fronteira occidental e o Lago Pontchartrain na meridional. A súa maior área poboada é a Área Metropolitana de Baton Rouge. A Parroquia de Saint Tammany é parte da Área Metropolitana de Nova Orleáns.

As Parroquias teñen unha extensión de 12.134,57 km², equivalente ao 10,755% da área total do Estado. A súa poboación no Censo de 2000 era de 887.444 residentes, o 19,86% do total estatal nese momento, mentres no Censo de 2010 era de 1.017.297 habitantes, o 22,44% do total estatal. As súas maiores poboacións, en orde descendente de poboación segundo o Censo de 2000, eran Baton Rouge, Slidell, Hammond, Shenandoah (CDP), Baker, Bogalusa, Zachary, Mandeville, Merrydale (CDP), Gardere (CDP), Denham Springs, Covington, Oak Hills Place (CDP) e Lacombe (CDP).

A Interestatal 12, que discorre de este ao oeste atravesando a rexión da Ribeira Norte, foi designada oficialmente en 1993 como a Ruta Verde da República de Florida Occidental.

Parroquias Parroquia de East Baton Rouge Parroquia de East Feliciana Parroquia de Livingston Parroquia de Saint Helena Parroquia de Saint Tammany Parroquia de Tangipahoa Parroquia de Washington Parroquia de West Feliciana

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Servizo de Parques Nacionais - Parroquias de Florida Meteoroloxía das Parroquias de Florida

Categoría:Rexións de Luisiana Categoría:Florida Occidental Categoría:Antigas rexións e territorios dos Estados Unidos de América