miniatura|dereita|A lovastatina foi a primeira estatina que se comercializou. Foi illada do fungo Aspergillus terreus. As estatinas (ou inhibidores da HMG-CoA redutase) son unha clase de fármacos que rebaixan o nivel de colesterol no organismo e actúan inhibindo o encima HMG-CoA redutase, o cal ten un papel central na produción de colesterol. Os niveis altos de colesterol (hipercolesterolemia) foron asociados con enfermidades cardiovasculares. As estatinas reducen a probabilidade de desenvolver unha enfermidade cardiovascular e a mortalidade nas persoas que están en risco. Hai fortes evidencias que indican que as estatinas son efectivas para o tratamento das enfermidades cardiovasculares nos estadios temperáns da doenza (prevención secundaria) e naquelas persoas con risco elevado pero aínda sen síntomas de doenza cardiovascular (prevención primaria). Entre os efectos secundarios das estatinas están a dor muscular, o incremento do risco de ter diabetes mellitus, e as anormalidades nas probas de encimas hepáticos. Ademais, en casos raros poden ter efectos adversos graves, especialmente danos musculares.

En 2010, comercializábanse as seguintes estatinas: atorvastatina, fluvastatina, lovastatina, pitavastatina, pravastatina, rosuvastatina e simvastatina. Todas elas están recoñecidas pola Axencia Europea de Medicamentos da Unión Europea e a FDA norteamericana. A cerivastatina foi retirada do mercado polo seu fabricante en 2001. Tamén se dispón de varias preparacións combinadas de estatinas e outros axentes, como ezetimibe/simvastatina. As estatinas son uns medicamentos moi vendidos; por exemplo, en 2005 e só nos Estados Unidos as vendas foron de 18,7 miles de millóns de dólares. A estatina máis vendida é a atorvastatina, que en 2003 chegou a ser o fármaco máis vendido da historia."Doing Things Differently" , Pfizer 2008 Annual Review, April 23, 2009, p. 15. Como algunhas das patentes xa expiraron, hoxe hai varias estatinas dispoñibles como xenéricos a un prezo menor.

Uso en medicina

Antes de tomar estatinas as recomendacións clínicas prácticas indican xeralmente que se debe intentar modificar o estilo de vida, o que inclúe seguir unha dieta que reduza o colesterol e facer exercicio físico. As estatinas e outros fármacos poden serlles recomendados ás persoas que non conseguen rebaixar o seu nivel de lípidos aos niveis axeitados facendo dietas e cambiando o estilo de vida. As estatinas parecen funcionar igual de ben en homes que en mulleres.

Prevención primaria A maioría das evidencias obtidas suxiren que as estatinas son efectivas para a prevención de doenzas cardíacas en persoas con hipercolesterolemia, pero que non teñen unha historia clínica de doenza cardíaca. Unha revisión Cochrane de 2013 encontrou un decrecemento no risco de morte e doutros malos resultados para a saúde sen que se atopasen evidencias de danos co uso de estatinas. Outra "revisión" de 2011 chegara a conclusións similares. E unha "revisión" de 2012 encontrou que eran beneficiosas tanto en homes coma en mulleres. Porén, unha revisión de 2010 concluíra que o tratamento de persoas sen historia clínica de doenza cardiovascular reduce os episodios cardiovasculares en homes pero non en mulleres, e non proporciona ningún beneficio en canto á mortalidade en ningún dos sexos. Outras dúas metaanálises publicadas ese ano, unha das cales usou datos obtidos exclusivamente de mulleres, non encontrou que houbese beneficios en canto á mortalidade na prevención primaria.

A Sociedade Europea de Cardioloxía e a Sociedade da Aterosclerose Europea recomendan o uso das estatinas para a prevención primaria, dependendo da liña de referencia estimada do cómputo cardiovascular e os limiares dos niveis de LDL. O National Institute for Health and Clinical Excellence (NICE) dos Estados Unidos recomenda o tratamento con estatinas de adultos cun risco estimado en 10 anos de desenvolver doenzas cardiovasculares que sexa maior do 10%. As directrices do American College of Cardiology e a American Heart Association recomendan o tratamento con estatinas para a prevención primaria de doenzas cardiovasculares en adultos con colesterol LDL > 190 mg/dL. Porén, hai críticos como Steven E. Nissen que dicen que as directrices da AHA/ACC non foron validadas debidamente, sobreestiman o risco polo menos nun 50%, e recomendan as estatinas a pacientes que non se beneficiarán delas, baseándose en poboacións cuxo risco observado é menor do predito polas directrices.

Prevención secundaria

As estatinas son efectivas para reducir a mortalidade de persoas con doenza cardiovascular preexistente. Actualmente tamén se recomendan en pacientes con alto risco de desenvolver doenzas cardíacas. Como media, as estatinas poden rebaixar o colesterol LDL en 1,8 mmol/l (70 mg/dl), o que se traduce nunha diminución estimada do 60% no número de episodios cardíacos (ataques ao corazón, morte cardíaca súbita) e unha redución do 17% do risco de accidente cerebrovascular despois dun tratamento a longo prazo. Teñen menos efecto que os fibratos ou a niacina á hora de reducir os triglicéridos e elevar o colesterol HDL ("colesterol bo").

As estatinas foron estudadas para mellorar o resultado de operacións en cirurxía cardíaca e vascular. A mortalidade e os episodios adversos cardiovasculares reducíronse nos grupos que recibiron estatinas.

Efectividade comparativa

Aínda que non existen comparacións directas, todas as estatinas parecen efectivas sen ter en conta a potencia ou grao de redución do colesterol. Porén, parece haber algunhas diferenzas entre elas, e a simvastatina e a pravastatina parecen superiores en canto aos menores efectos secundarios que producen.

Unha comparación entre a atorvastatina, pravastatina e simvastatina baseada na súa efectividade comparadas con placebos, atopou que ás doses prescritas non había diferenzas estatisticamente significativas entre elas na redución da morbilidade e mortalidade cardiovascular.

En nenos

En nenos as estatinas son efectivas na redución dos niveis de colesterol en persoas con hipercolesterolemia familiar. Porén, a súa seguridade a longo prazo non está clara. Algúns recomendan que se o cambio no estilo de vida non é dabondo para producir cambios nos niveis de colesterol, a administración de estatina debería empezar aos 8 anos de idade.

Hipercolesterolemia familiar As estatinas poden ser menos efectivas na redución do colesterol LDL en persoas con hipercolesterolemia familiar, especialmente os que teñen deficiencias xenéticas en homocigose. Estas persoas adoitan ter defectos ou ben nos xenes do receptor de LDL ou da apolipoproteína B, que son ambos responsables da retirada ou aclaramento das LDL do sangue. As estatinas seguen sendo o tratamento de primeira liña para a hipercolesterolemia familiar, aínda que poden ser necesarias outras medidas de redución do colesterol. En persoas con deficiencias en homocigose, as estatinas poden tamén ser útiles, aínda que a altas doses e en combinación con outros medicamentos que reducen o colesterol.

Prevención da nefropatía inducida polo medio de contraste Unha metaanálise recente de ensaios controlados aleatorizados encontrou que as estatinas podían reducir o risco de nefropatía inducida polo medio contraste nun 53% en persoas que sufriron intervencións de anxiografía coronaria/percutanea (nas que se usa un medio de contraste). O efecto era máis forte entre os que tiñan unha disfunción renal preexistente ou diabetes mellitus.

Efectos secundarios

Elección dunha estatina para persoas con consideracións especiaistable adapted from the following source, but check individual references for technical explanations Condición Estatinas normalmente recomendadas Explicación Receptores de transplante renal que toman ciclosporina Pravastatina ou Fluvastatina Son posibles interaccións entre os fármacos, pero os estudos realizados non mostraron que estas estatinas incrementen a exposición á ciclosporina.Persoas VIH positivas que están tomando inhibidores da proteaseAtorvastatina, Pravastatina ou FluvastatinaAs interaccións negativas son máis probables con outras estatinasPersoas que están tomando gemfibrozil, un fármaco que rebaixa o colesterol e non é estatinaAtorvastatinaCombinar gemfibrozil e unha estatina incrementa o risco de rabdomiólise e subseguintemente insuficiencia renalPersoas que están tomando o anticoagulante warfarinaCalquera estatinaO uso de estatinas pode requirir que se cambie a dose de warfarina, xa que algunhas estatinas incrementan o efecto da warfarina.

Os efectos secundarios máis importantes son o incremento de concentración de encimas hepáticos, problemas musculares, e aumento do risco de diabete. Outros posibles efectos adversos son a perda cognitiva, neuropatía, disfunción hepática e pancreática, e disfunción sexual. A taxa á que ocorren ditos eventos foi moi debatida, en parte porque a razón risco/beneficio das estatinas en poboacións de baixo risco é moi dependente da taxa de episodios adversos. Unha metaanálise de grupo Cochrane de ensaios clínicos con estatinas en prevención primaria non atopou probas de que se producira un exceso de episodios adversos entre as persoas tratadas con estatinas comparadas coas tratadas con placebo. Outra metaanálise encontrou un incremento do 39% nos episodios adversos nas persoas tratadas con estatinas en relación coas que recibiron placebo, pero non houbo un incremento de episodios adversos graves. O autor dun estudo argumentou que os episodios adversos son máis comúns na práctica clínica que en ensaios clínicos aleatorizados. Unha revisión sistemática feita pola Canadian Working Group Consensus Conference que tivo en consideración metaanálises publicadas de ensaios clínicos, informes de episodios adversos espontáneos da FDA, e estudos de cohortes publicados chegou á conclusión de que aínda que as metaanálises clínicas subestimaban a taxa de dor muscular asociada co uso de estatinas, as taxas de rabdomiólise son aínda "tranquilizadoramente baixas" e similares ás observadas en ensaios clínicos (un 1-2 por 10.000 pacientes anos). Unha revisión sistemática de Ben Goldacre e outros chegou á conclusión de que só unha pequena fracción dos efectos secundarios dos que se informou en pacientes que tomaban estatinas son realmente atribuíbles ás estatinas.

Efectos cognitivos

Hai informes anecdóticos de declives cognitivos producidos polas estatinas. Unha revisión sistemática da Canadian Working Group Consensus Conference concluíu que as evidencias dispoñibles "non apoian fortemente un efecto adverso importante das estatinas". Outra metaanálise chegou á conclusión de que hai evidencias de calidade moderada de que non producen ningún aumento da demencia, trastornos cognitivos leves ou nos resultados no rendemento cognitivo, aínda que a forza das evidencias é limitada, especialmente a altas doses. En 2012, recoñecendo que houbera un incremento en informes anecdóticos e un aumento da preocupación pola relación das estatinas coa perda de memoria (incluíndo informes de amnesia global transitoria), os despistes e a confusión, a FDA engadiu á etiquetaxe esixida para as estatinas unha advertencia sobre posibles impactos cognitivos.Url =http://www.fda.gov/ForConsumers/ConsumerUpdates/ucm293330.htm Os efectos descríbense como raros, non graves, e reversibles unha vez cesa o tratamento.

Músculos

En estudos observacionais do 10 ao 15% das persoas que tomaron estatinas experimentou problemas musculares, que na maioría dos casos consistían en dor muscular. As taxas observadas, que son moito maiores que as vistas en ensaios clínicos aleatorizados, foron obxecto dun amplo debate e discusión.