Santa María de Vide é unha parroquia que se localiza no concello das Neves. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 492 habitantes (262 mulleres e 230 homes), distribuídos en 26 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2004 cando tiña 482 habitantes.

Xeografía miniatura|Colleita en Vide.

Vide limita ao leste coa parroquia de Sela (Arbo), ao oeste co río Termes, ao norte cos montes de San Fins e Odrago e ao sur co río Miño. É de terras chans.

Historia e patrimonio No Coto do Galo, na parte alta da parroquia, hai varios petróglifos.

A igrexa parroquial é de orixe románica e foi reformada no 1782, sendo cura párroco Joaquín Cabeza de Vaca. No seu interior, a bóveda vai decorada cuns frescos. No muro do adro, sobre un fuste duns 3 metros de altura, hai un reloxo de sol de gran tamaño dividido en catro partes, formando ángulos rectos, que ata fai ben pouco servía como indicador das horas de rega. É do século XIII, da época da primeira construción da igrexa.

Os campos da parroquia están regados por unha cal que percorre 6 quilómetros, partindo desde o extremo norte da freguesía de San Xosé de Ribarteme. Segundo a tradición foi creada durante a romanización de Galicia.

Por esta parroquia pasa o camiño dos Frades, unha ruta de 15 km que sae da capela de San Manuel, en Medáns (Setados), e vai cara ao santuario da Franqueira (A Caniza). O camiño foi percorrido pola raíña Sabela de Portugal no século XII como variante da vía portuguesa do camiño de Santiago. Desde Porto e Braga cruzando o Miño por unha antiga ponte de madeira no lugar da Barca Nova, en Medáns. A partir de aquí continuaba ata A Franqueira, onde descansaba no mosteiro para proseguir camiño cara a Pontevedra en dirección a Santiago de Compostela.

Festas miniatura|Tractorada de Vide 2011. As festas patronais celébranse os días 14, 15 e 16 de agosto; e as dúas semanas anteriores organízanse actividades culturais como camiñadas, tractoradas ou maratóns.

Lugares e parroquias Lugares de Vide

Parroquias das Neves

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares das Neves

Categoría:Parroquias das Neves Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María