Rachel Anne McAdams, nada en London (Ontario) o 17 de novembro de 1978, é unha actriz canadense de cinema e televisión nomeada ao Premio Oscar.

Despois de se graduar nun programa de teatro de catro anos na Universidade de York, en 2001, traballou constantemente en producións canadenses, como My Name is Tanino (2002), Perfect Pie (2002) ou a serie Slings and Arrows (2003-2005), até atopar a sona en filmes coma Mean Girls (2004) ou o coñecido drama romántico The Notebook de 2004, coñecida en Galicia co nome O diario de Noah.Rachel McAdams - IMDb Por esta última actuación Rachel logrou estupendas críticas.

Posteriormente participou en filmes coma Red Eye (2005), Wedding Crashers (2005), The Family Stone (2005), Married Life (2008), A sombra do poder (2009), Alén do tempo (2009), Sherlock Holmes (2009) e a súa segunda parte, Morning Glory (2010) e Midnight in Paris (2011), About Time (2013), Spotlight (2015) entre outras. Por este último filme está nomeada aos Oscar 2016 coma mellor actriz secundaria.

É considerada polos medios de comunicación como "a nova moza de Hollywood", así como "a vindeira Julia Roberts".

Traxectoria

Primeiros anos McAdams naceu en London, Ontario (Canadá), e criouse na vila de St. Thomas. Seu pai, Lance, é camioneiro, e súa nai, Sandra, é enfermeira. Os seus devanceiros pola súa avoa son galeses. McAdams ten un irmán máis vello, Daniel, e unha irmá máis nova, Kayleen. Aos catro anos empezou a patinar sobre xeo e á idade de doce anos iniciouse na interpretación, acudindo á Original Kids Theatre Company, en Ontario. En 2001 graduouse na Universidade de York, en Toronto, conseguindo unha licenciatura de Bachelor of Fine Arts (Belas Artes). Tamén asistiu á Compañía de Teatro Infantil de London.

Carreira miniatura|200px|left|McAdams no Festival Internacional de Cinema de Toronto (2007).

Despois de aparecer no seu país na serie de televisión Shotgun Lovedolls (2001) e intervenir no telefilme Guilt by Association (2002), McAdams debutou no cinema protagonizando o filme My Name is Tanino (2002), unha comedia co-producida entre Italia e o Canadá que dirixiu Paolo Virzi. Ese mesmo ano actúa no filme Perfect Pie, sendo nomeada aos Premios Genie do Canadá, pola súa interpretación da adolescente Patsy Grady.

O seu primeiro filme en Hollywood foi en 2002, na comedia The Hot Chick, na que interpretou a unha estudante que cambia de corpo cun criminal (Rob Schneider). Ao ano seguinte regresou ao Canadá para facer un papel recorrente na serie Slings and Arrows (2003-2005), recibindo dous nomeamentos para os Premios Gemini e resultando gañadora nun deles.

En 2004 chegan os seus dous papeis estrela e seica os máis exitosos e lembrados até hoxe. O primeiro foi a comedia xuvenil Mean Girls, co-protagonizada por Lindsay Lohan. McAdams recibiu críticas favorábeis pola súa interpretación da adolescente Regina George, unha estudante maliciosa. O seu segundo papel foi no drama romántico The Notebook, unha adaptación da novela de Nicholas Sparks. McAdams e Ryan Gosling interpretaron unha parella en 1940 separada por diferentes circunstancias. Malia a "melosidade" da historia, os críticos eloxiaron as actuacións dos actores protagonistas. McAdams estivo nomeada por estes dous papeis a case unha ducia de premios, a maioría eran dos MTV Movie e os Teen Choice.

McAdams retirouse da vida pública entre 2006 e 2007, tomándose un tempo libre para se dedicar á súa familia e a ela mesma.

En 2008, regresou con dous filmes pouco destacados: Married Life, con Pierce Brosnan, Chris Cooper e Patricia Clarkson; e The Lucky Ones, ambas fracasaron.

miniatura|220px|McAdams e Robert Downey Jr durante a promoción do filme de Sherlock Holmes no Comic-Con (2009).

En 2009, intervén en tres filmes. A sombra do poder, un suspense político con Russell Crowe, Helen Mirren e Ben Affleck; o drama romántico Alén do tempo; e Sherlock Holmes, nova adaptación do personaxe creado por Arthur Conan Doyle, dirixida por Guy Ritchie. Robert Downey Jr. e Jude Law interpretaron a Holmes e John Watson, respectivamente, mentres que McAdams interpretou a Irene Adler, unha muller fatal de Nova Jersey que unha vez venceu a Holmes, que gaña o seu respecto e que mantén unha tempestuosa relación co detective. O filme foi un éxito, tanto de crítica como de público, e a interpretación de McAdams como Adler foi moi eloxiada.Variety Reviews - Sherlock Holmes En 2010 só participou no filme: Morning Glory, unha comedia co-protagonizada por Harrison Ford e Diane Keaton, de modesta aceptación.Rachel McAdams Stars in Roger Michell's Morning GloryMovie review: 'Morning Glory' - Los Angeles Times

En 2011, McAdams protagonizou, de novo xunto con Owen Wilson, o filme Midnight in Paris, comedia romántica escrita e dirixida por Woody Allen. Allen escolleu a McAdams, para o papel de Inez, por recomendación da súa antiga compañeira Diane Keaton. O filme presentouse na apertura do Festival de Cannes de 2011, e foi a de máis éxito de Allen nos Estados Unidos de América.'Midnight in Paris' Becomes Woody Allen's Top Film of All Time in North America Ese mesmo ano volveu a interpretar a Irene Adler para a secuela de Sherlock Holmes: Sherlock Holmes: Xogo de sombras.

En 2012 McAdams actuou no drama romántico The Vow. McAdams e Channing Tatum interpretaron a unha parella recentemente casada baseada nunha historia real,.

En 2013 co-protagonizou xunto a Domhnall Gleeson, About Time, moi ben acollida polas críticas dos expertos e do público. En 2015 interpretou a axente Ani Bezzerides na segunda tempada da serie televisiva True Detective.

Ese mesmo ano a actriz foi seleccionada por Marvel Studios para aparecer nun papel protagonista no filme Doctor Strange, que se estrenará en novembro de 2016.

O 14 de xaneiro de 2016 recibe o seu primeiro nomeamento aos Premios Oscar na categoría Mellor Actriz Secundaria polo seu papel no filme de 2015 Spotlight.

Vida persoal McAdams mora en Harbord Village en Toronto, Ontario, Canadá. Comparte casa con seu irmán máis vello. Porén, ten a Green Card (tarxeta de Residencia Permanente nos Estados Unidos).Rachel McAdams ordered to 'stop making stupid movies' by US immigration official

Filmografía Ano Título Papel Notas Ref. 2001 Shotgun Love Dolls Beth Swanson Serie de televisión, 1 episodio: "Pilot" The Famous Jett Jackson Hannah Grant Serie de televisión, 1 episodio: "Food for Thought" My Name is Tanino Sally Garfield 2002 Guilt by Association Danielle Mason Filme para televisión Earth: Final Conflict Christine Bickwell Serie de televisión, 1 episodio: "Atavus High" Perfect Pie Patsy Grady (15 anos) The Hot Chick Jessica Spencer/Clive Maxtone 2003 - 2005 Slings and Arrows Kate McNeil Serie de televisión, 7 episodios 2004 Mean Girls Regina George antagonista The Notebook Allison "Allie" Hamiltonprotagonista 2005 Wedding Crashers Claire Cleary Red Eye Lisa Reisert The Family Stone Amy Stone 2007 Married Life Kay Nesbitt 2008 The Lucky Ones Colee Dunn 2009 A sombra do poder Della Frye Alén do tempo Claire Abshire Sherlock Holmes Irene Adler 2010 Morning Glory Becky Fuller 2011 Midnight in Paris Inez Sherlock Holmes: Xogo de sombras Irene Adler 2012 The Vow Paige Collins Passion Christine Stanford To the Wonder Jane 2013 About Time Mary 2014 A Most Wanted Man Annabel Richter Take Me to the River Narradora Documental 2015 Every Thing Will Be Fine Sara True Detective Ani Bezzerides Serie de televisión, 8 episodios Spotlight Sacha Pfeiffer The Little Prince A nai (voz) Aloha Tracy Southpaw Maureen Hope2016Doctor Strange2017DisobedienceEsti Kuperman2018Game NightAnnie

Premios e nomeamentos Ano Premio Categoría Traballo Resultado Ref. 2002 Premios Genie Mellor Actuación por unha Actriz nun Papel Secundario Perfect Pie NomeadaAwards for Rachel McAdams - IMDb 2004 Premios Gemini Mellor Actuación por unha Actriz en característica de Papel secundario nunha Serie Dramática Slings and Arrows Gañadora 2005 Premios MTV Movie Mellor Actriz Revelación Mean Girls Gañadora Premios MTV Movie Mellor Vilán Mean Girls Nomeada Premios MTV Movie Mellor Equipo en Pantalla Mean Girls Gañadora Premios MTV Movie Mellor Actriz The Notebook Nomeada Premios MTV Movie Mellor Bico The Notebook Gañadora Premios ShoWest Actriz Secundaria do Ano Mean Girls e The Notebook Gañadora Premios Teen Choice Actriz de Filme – Drama The Notebook Gañadora Premios Teen Choice Química de Película The Notebook Gañadora Premios Teen Choice Bico de Filme The Notebook Gañadora Premios Teen Choice Escena de Amor nun Filme The Notebook Gañadora 2006 Premios Gemini Mellor Actuación por unha Actriz Invitada nunha Serie Dramática Slings and Arrows Nomeada Premios MTV Movie Mellor Actuación Red Eye Nomeada Premios Teen Choice Actriz de Filme - Comedia Wedding Crashers e The Family Stone Gañadora 2009 Premios ShoWest Estrela Feminina do Ano N/A Gañadora 2010 Premios Teen Choice Actriz de Filme - Aventura de Acción Sherlock Holmes Gañadora 2012 Premios MTV Movie Mellor Bico (compartido con Channing Tatum) The Vow Nomeada Premios Teen Choice Actriz de filme - Drama The Vow Nomeada 2013 People's Choice Awards Actriz Favorita de Película Dramática The Vow Nomeada People's Choice Awards Química Favorita en Pantalla (compartido con Channing Tatum) The Vow Nomeada

Oscar Ano Categoría Filme Resultado2016Mellor actriz secundariaSpotlightPendente

BAFTA Ano Categoría Filme Resultado2006Premio Orange á estrela emerxenteNomeada

Sindicato de Actores Ano Categoría Filme Resultado2016Mellor actriz secundariaSpotlightPendente2016Mellor elencoSpotlightPendente2012Mellor elencoMidnight in ParisNomeada

Crítica Cinematográfica Ano Categoría Filme Resultado2016Mellor actriz secundariaSpotlight Nomeada2016Mellor elencoSpotlight Gañadora2016Mellor actriz - Miniserie ou filme para TVTrue Detective Nomeada

Satellite Ano Categoría Filme Resultado2016Mellor actriz secundaria - DramaSpotlight Pendente2012Mellor actriz secundaria - Musical ou ComediaMidnight in Paris Nomeada2006Mellor actriz secundaria - Musical ou ComediaThe Family Stone Nomeada

Saturn Ano Categoría Filme Resultado2010Mellor actriz secundariaSherlock Holmes Nomeada2006Mellor actrizRed Eye Nomeada

Notas

Véxase tamén

Categoría:Nados en 1978 Categoría:Nados en London, Ontario Categoría:Actores de cinema do Canadá Categoría:Actores de televisión do Canadá