Calyptophractus retusus, coñecido vulgarmente na literatura internacional como pichiciego grande, ou pichiciego chaqueño, é unha especie de mamífero placentario da orde dos cingulados, familia dos dasipódidos e subfamilia dos eufractinos,Euphractinae en MSW. a única incluída no xénero Calyptophractus.Calyptophractus en MSW.

Características, hábitat e distribución miniatura|esquerda|230px|Na man dun home. É un armadillo de pequeno tamaño (aproximadamente duns 17 cm). É de cor parda amarelada, aínda que ten pelo branco nas partes laterais e no ventre. Como todos os armadillos, ten unha coiraza ósea na rexión dorsal.

Aliméntase de insectos. Habita en zonas areosas, e é un bo escavador. Encóntrase na rexión do Gran Chaco, no sueste de Bolivia, o oeste de Paraguai e o extremo norte da Arxentina. O seu hábitat natural son as matogueiras secas tropicais e subtropicais, e os pastos secos das terras baixas. A especie na actualidade está ameazada pola perda dos seus hábitats.Cuéllar, E.; Meritt, D. A.; Delsuc, F.; Superina, M. & Abba, A. M. (2014): Calyptophractus retusus na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Versión 2015-4. Consultada o 24 de xaneiro de 2016.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía McKenna, Malcolm C. & Bell, Susan K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8. Nowak, Ronald M. (1999): Walker's Mammals of the World. 6ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8. VV. AA. (1968): "Dasipódios" en Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 6. Animales vertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 86–88. Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference, 3rd ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.

Outros artigos Mamíferos Cingulados Dasipódidos Eufractinos

Ligazóns externas Calyptophractus retusus na ADW. Con informacións da especie. Calyptophractus retusus na EOL.

Categoría:Cingulados Categoría:Mamíferos da Arxentina Categoría:Mamíferos de Bolivia Categoría:Mamíferos de Paraguai Categoría:Animais descritos en 1863