Manor Grand Prix Racing Limited, tamén coñecido polo nome comercial Manor Racing e competindo co nome de construtor de MRT (acrónimo para Manor Racing Team), é un equipo británico de carreiras de Fórmula Un con base en Banbury, Oxfordshire, no Reino Unido, e é operado por Manor Motorsport. O equipo competiu co nome de Manor Racing por primeira vez na tempada de Fórmula Un de . Inicialmente o equipo comezou a competir en baixo o nome "Virgin Racing", mais ao ano seguinte Virgin adoptou a Marussia como patrocinador do título do equipo e converteuse en "Marussia Virgin Racing", até ser totalmente rebautizado como "Marussia F1 Team" para a tempada de .
O 19 de xaneiro de 2015 os administradores da Marussia anunciaron que a poxa dos seus coches e bens fora cancelada para permitir unha posíbel venda. O equipo saíu da administración concursal o 19 de febreiro de 2015, e foi restablecido como "Manor Marussia F1 Team" despois de que se garantiron novos investimentos para salvar o equipo. Marussia mantivo o seu nome de construtor durante toda a tempada de 2015, tamén adoptando unha licenza británica. O 19 de xaneiro de 2016, o equipo anunciou que fora renomeado como "Manor Racing". A partir da tempada de , a Manor usará motores Mercedes.
Historia Antecedentes En 2009, o Manor Grand Prix conseguiu unha praza para participar na Fórmula Un na tempada , como alianza entre o equipo de carreiras Manor Motorsport e Wirth Research. Antes do final do ano nomeáronse Virgin Racing, logo de que Richard Branson, propietario das empresas de Virgin Group, comprara os dereitos de patrocinio. Marussia foi un dos socios do equipo na súa primeira tempada, na que terminou 12º e último no campionato de construtores. En novembro de 2010 Marussia adquiriu unha participación maioritaria no equipo, que pasou a ser coñecido como "Marussia Virgin Racing" para a tempada . Logo dun decepcionante inicio da tempada 2011, o equipo separouse de Wirth Research, e estabeleceu relacións con McLaren Applied Technologies antes da tempada . O equipo trasladouse ás instalacións de Wirth en Banbury, da súa base orixinal en Dinnington, en Yorkshire. Mentres tanto, o equipo acabou outra vez último no campionato de construtores. En novembro de 2011, o equipo pediu á comisión da Fórmula Un cambiar oficialmente o seu nome de construtor para a tempada de Fórmula Un de . De Virgin a Marussia, para reflectir a súa nova propiedade. O permiso foi concedido antes de ser ratificado formalmente nunha reunión do Consello Mundial de Automobilismo da FIA.
En o equipo, xunto con Caterham, entrou en administración concursal. Posteriormente, os administradores de Manor Motorsport anunciaron que o equipo sairía a concurso o 19 de febreiro de 2015 e planificaría participar na tempada de Fórmula Un. O equipo competiu en 2015 baixo o nome de Manor Marussia F1 Team con John Booth e Graeme Lowdon dirixindo o equipo. O equipo foi comprado polo empresario Stephen Fitzpatrick, con Justin King como presidente.
Tempada 2016 O 22 de febreiro de 2016, Manor presentou o seu novo coche na primeira proba. O equipo foi sometido a unha completa renovación baixo a propiedade de Fitzpatrick, e viu cambiar as cores do equipo a laranxa, branco e azul..<http://www.skysports.com/f1/news/17581/10155197/manor-launch-their-2016-f1-car-the-mrt05
Resultados completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano Chasis Motor Pneu. Pilotos 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 Puntos Pos. Manor MRT05 Mercedes PU106C Hybrid AUS BHR CHN RUS ESP MON CAN MAL AUT GBR HUN ALE BEL ITA SIN MAL XPN USA MEX BRA ABU 1 11º Rio Haryanto Ret 17 21 Ret 17 15 19 18 16 Ret 21 20 Esteban Ocon 16 18 18 16 21 18 21 12 13 16 13 18 18 16 14 17 Ret 10 Ret 19 17 Ret Ret 16 15 22 17 Ret 15 14
Notas
Ligazóns externas Manor Racing website
Categoría:Escuderías de Fórmula 1 do Reino Unido