alt=Mapa da Comarca de Carnota e relación aproximada cos lindes municipais actuais|miniatura|dereita|Mapa da comarca de Carnota e relación aproximada cos lindes municipais actuais.
A comarca de Carnota é o nome dunha comarca histórica situada na costa occidental de Galicia, entre os ríos Xallas e Tambre. Comprende aproximadamente os actuais municipios de Carnota, Muros, Mazaricos, Outes, Negreira, A Baña, Santa Comba, e parte do Val do Dubra, En distintos momentos da historia funcionou como división territorial administrativa, e tamén coma división relixiosa diferenciada ata a actualidade, co nome de arciprestado de Entíns.
Historia Segundo a Naturalis historia de Plinio o Vello, antes da romanización de Galicia a zona estaba poboada pola tribo galaica dos supertamarcos (de alén do Tambre), que despois quedaron integrados no conventus lucensis. Esta denominación foi seguida por Ptolomeu e Estrabón.
Pomponio Mela foi outro dos autores que no século I describiu a tribo dos supertamarcos no seu De Chorographia:
Estelas funerarias miniatura|Estela de Crecente, onde se menciona o pobo dos supertamarcos. Consérvanse cinco estelas funerarias que conteñen referencias á tribo dos celtas supertamarcos, curiosamente todas elas aparecidas moi lonxe da situación orixinal desta tribo:
Estela de Crecente (AE 1976, 286). É unha das estelas funerarias máis singulares das aparecidas en Galicia, polo seu enorme tamaño e por conter unha inscultura da familia da defunta. Procede do lugar de Crecente (San Pedro de Mera, Lugo), e consérvase no Museo Provincial de Lugo.
Estela de Eburia, atopada en Andiñuela de Somoza (León) (AE 1997, 873).
Estela de Fusca, atopada en Astorga (León) (CIL 02, 2902 ; 5667).
Estela de Clarinus, atopada en Astorga (León) (AE 1976, 286).
Estela dun/ha Céltico/a Supertamárico/a, atopada en Astorga (León) (CIL 02, 2904 ; 5081).
Condado de Carnota na Idade Media miniatura|Comarca do Pindo no mapa de Luis López Ballesteros, 1813. A primeira referencia a este territorio despois da ocupación romana é no século IX coma freguesía cedida a bispos lusitanos fuxidos ao norte das invasións árabes.
No ano 830, nunha relación de igrexas da zona, noméanse varias en Carnota: Pintani (posibelmente a ermida do Monte Pindo), Gaudiosi (descoñecida), Santo Ourente de Entíns, Santa Tasia de Entíns, San Pedro de Outes, San Xoán de Roo, Santa Mariña de Esteiro e Zendimiri (descoñecida).
O 18 de maio de 952 Ordoño III doa ao arcebispo de Compostela Sisnando II o Commiso (Condado) de Cornatum. Cando Sisnando II manda fortificar as costas galegas para defendelas dos ataques por mar de normandos e árabes, fai construír nesta zona o Castelo de San Xurxo, entre outros. Porén mentres outras fortificacións desaparecen rapidamente da documentación medieval, San Xurxo mantense ata entrado o século XIV polo que debeu tratarse da máis importante fortaleza costeira sita na rexión.
A Igrexa nomeou tenente deste castelo ao incipiente nobre Pedro Froilaz de Traba, fundador da Casa de Traba, quen en 1091 xa asina coma Conde dun territorio coñecido na altura coma terra ou commisso de Carnota, Carinota ou Karnota. Desde esta posición foi acumulando poder e riquezas para si e para a súa familia. Pedro Froilaz deixa a fortaleza e os seus dominios nesta zona ao seu fillo Rodrigo Pérez de Traba, quen tamén recibiu o título de Conde e posteriormente sería alférez na coroación do futuro rei Afonso VII.
Os dominios do Condado de Carnota eran famosos polas súas rendas, que resultaban sumamente gravosas á Igrexa, así coma polos seus bancos pesqueiros, polo que as propiedades nesta área eran moi cobizadas e obxecto de múltiples doazóns, permutas e mandas testamentarias da época.
Nos anos posteriores o castelo e as terras baixo o seu goberno cambiaron en varias ocasións de mans, circulando do poder nobiliario ao eclesiástico e á coroa alternativamente, e perdendo relevancia ao tempo que os centros de poder se ían concentrando na contorna da incipiente Santiago de Compostela. Finalmente, no primeiro treito do século XIV, o Castelo foi demolido por orde do nobre Lope Sanchez de Ulloa.
Século XIX Esta grande configuración comarcal debeuse manter coma mínimo ata o século XIX. Así, na cartografía de 1812 de Luis López Ballesteros, o territorio aparece coa denominación de Partido do Pindo (en clara alusión ao macizo granítico carnotán) coma nome dunha rexión con forma de partido cuxa capital situaba en Outes e que remataba polo interior no río Dubra.
Notas
Categoría:Historia de Galicia Categoría:Gallaecia