O Cerro de los Ángeles é un cerro testemuña situado no termo municipal de Xetafe, a uns 10 km ao sur de Madrid. A súa fama reside en que foi tradicionalmente considerado como o centro xeográfico da Península Ibérica.
Sobre a explanada situada na cima do cerro atópanse a Ermida da Nosa Señora dos Anxos, do século XIV, e o Monumento ao Sagrado Corazón, construído en 1919 e inaugurado polo rei Afonso XIII. Tamén hai o Seminario Diocesano Nosa Señora dos Apóstolos, lugar de formación para os sacerdotes que realizarán o seu labor apostólica na Diocese de Xetafe.
Véxase tamén Ligazóns externas
Sitio web oficial do Cerro de los Ángeles Cerro de los Ángeles, Diocese de Xetafe
Categoría:Montañas da Comunidade de Madrid Categoría:Xetafe