O receptor X retinoide ou receptor X de retinoides (RXR) é un tipo de receptor nuclear que se cre é activado polo ácido retinoico, aínda que o seu ligando endóxeno exacto non foi aínda concluintemente identificado. Hai tres receptores X de retinoides, que son: RXR-alfa, RXR-beta, e RXR-gamma, codificados respectivamente nos xenes , , .

O RXR heterodimerízase cos receptores nucleares da subfamilia 1 entre os que se inclúen o CAR, FXR, LXR, PPAR, PXR, RAR, TR, e VDR.

Igual que outros receptores nucleares de tipo II, o heterodímero RXR en ausencia de ligando únese a elementos de resposta a hormonas en complexo coa proteína correpresora. A unión dos ligandos agonistas ao RXR dá lugar á disociación do correpresor e o recrutamento da proteína coactivadora, a cal, á súa vez, promove a transcrición de xenes diana de augas abaixo formando ARNm e finalmente proteínas.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Receptor retinoide Receptor de ácido retinoico

Ligazóns externas

Categoría:Receptores Categoría:Factores de transcrición Categoría:Receptores nucleares