José Gómez Naveira, nado en Carral en 1906 e finado en Pontevedra en novembro de 1965,La Voz de Galicia, 13-11-1965, p. 8. foi un fiscal galego.

Traxectoria Aprobou as oposicións ao corpo de fiscais con 22 anos e non puido exercer até cumprir a idade regulamentaria tres anos despois. Foi fiscal en Tenerife, Xaén e A Coruña. Na Coruña foi denunciando e marchou en comisión de servizo a Albacete.

O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 colleuno na Coruña pois acompañaba a súa muller que quería que o seu fillo nacese alí. O 3 de agosto de 1936 foi suspendido de emprego e soldo. Pasou a guerra pechado na súa casa. Foi multado e o seu patrimonio foi espoliado. Non puido volver exercer até 1959, cando puido regresar á carreira, na Audiencia Provincial de Pontevedra. Vida persoal

Casou con María Concepción López.

Homenaxes

En 2004 déuselle o seu nome a unha rúa da Coruña.

Notas

Categoría:Fiscais de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Carral Categoría:Nados en 1906 Categoría:Finados en 1965 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes