Para o artigo sobre o publicista do mesmo nome, véxase Pepe Garalva
miniatura|Monumento aos mártires do Portiño, co nome de José García Vázquez. José García Vázquez, nado na Coruña en 1901 e finado na mesma cidade o 9 de outubro de 1937, foi un sindicalista galego.
Traxectoria García Vázquez era traballador na fábrica de tabacos e membro da Unión Tabacaleira da CNT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 permaneceu agochado. Participou no intento de fuxida do Portiño o 3 de marzo de 1937, foi detido o 8 de marzo."Se ahogan en San Pedro varios marxistas", Hoja Oficial del Lunes, 8-3-1937, p. 6.El Ideal Gallego, 9-3-1937, p. 4.El Correo Gallego, 9-3-1937, p. 2. Xulgado en consello de guerra na Coruña o 5 de xuño,El Ideal Gallego, 6-6-1937, p. 2. foi condenado a morte. Foi fusilado no Campo da Rata o 9 de outubro con Salvador Domingo Lliso, Ramón Díaz Valeiro, Ramón González Canosa, Alejandro Dopico Saleta, Manuel Bergantiños Pose, Antonio Vidal González, Antonio Lorenzo García, Francisco Díaz Moreno, Luis Lafuente Naveira, Manuel Baldomir Vázquez, Ramiro Fontenla Andújar, Manuel Tellado Villar, José Rodríguez Serantes e Federico Rivadulla Gómez.El Ideal Gallego, 10-10-1937, p. 2.El Compostelano, 11-10-1937, p. 4.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1901 Categoría:Finados en 1937 Categoría:Fusilados