Jordi Borràs i Abelló, nado en Barcelona en 1981, é un ilustrador e xornalista gráfico catalán. É irmán de Enric Borràs e sobriño de Xavier Borràs.

Traxectoria É graduado superior en Ilustración pola Escola Massana. Está especializado en cuestións sociais no campo do fotoxornalismo. É membro do Grup de Periodistes Ramon Barnils.

Traballa como reporteiro gráfico independente para diferentes medios de comunicación de ámbito catalán, tales que Nació Digital, La Directa, Crític ou El Singular Digital. Centra o seu interese informativo nas formacións de extrema dereita presentes en CataluñaL’espanyolisme a Catalunya; Jordi Borràs: “Societat Civil homologa el discurs de l’extrema dreta”, entrevista no Diari Ara. .

A nivel internacional, ten publicado fotografías en The Guardian, na revista Hope Not Hate e de maneira regular na axencia Demotix, así como en medio estatais españois.

Obra Warcelona, una història de violència(Pol·len Edicions, 2013). Plus ultra. Una crònica gràfica de l'espanyolisme a Catalunya (Pol·len Edicions, 2015). Desmuntant Societat Civil Catalana (Edicions Saldonar, 2015)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Jordi Borràs: “Ciutadans o el PP no són fatxes, molt pitjor: són grans imants de l’extrema dreta”, entrevista a Borràs en Elcritic.cat. Páxina web oficial

Categoría:Xornalistas de Cataluña Categoría:Nados en 1981 Categoría:Nados en Barcelona