Iron Maiden é unha banda inglesa de heavy metal, orixinaria de Leyton, no East End de Londres.

Traxectoria A banda foi formada en 1975 polo baixista Steve Harris, un antigo membro de Gypsy's Kiss e Smiler. Iron Maiden é unha das máis exitosas e influentes bandas do New wave of British heavy metal. A banda gañou o Premio Ivor Novello polos seus logros internacionais en 2002. Tamén se lles introduciu no Hollywood's Rock Walk durante a súa xira polos Estados Unidos en 2005. Esta banda é considerada por moitos a mellor banda de Heavy Metal da historia.

O nome fai referencia á "dama de ferro", un instrumento de tortura. A historia de Iron Maiden comeza en 1974, cando Steve Harris con 15 anos de idade, inspirado por Wishbone Ash, Black Sabbath, Free, Yes, FM, Jethro Tull e Genesis, comprou un baixo Telecaster por unhas 40 libras. Steve inicialmente tivo a ilusión de ser xogador de fútbol do West Ham, con todo, había unha chea de xogadores de gran calidade e só uns poucos chegaban a ser profesionais. A pesar diso, el continuou adestrando. Tras meditalo seriamente, perdeu todas as esperanzas de ser algún día un xogador profesional, así que comezou a dedicar todos os seus esforzos á súa outra gran paixón: a música. Isto conduciu á formación dunha banda que chamou "Influence", e que posteriormente pasaría a chamarse Gypsy´s Kiss.

Membros actuais Bruce Dickinson, voz. Dave Murray, guitarra. Adrian Smith, guitarra. Janick Gers, guitarra. Steve Harris, baixo. Nicko McBrain, batería.

Discografía Álbums de estudio Data de lanzamentoTítuloSeloClasificación de vendas14 de abril de 1980Iron MaidenCapitol Records#4 (UK)1981KillersCapitol Records#12 (UK), #78 (US) 29 de marzo de 1982The Number of the BeastEMI#1 (UK), #33 (US) 1983Piece of MindEMI #3 (UK), #14 (US)setembro de 1984PowerslaveEMI#2 (UK), #21 (US)setembro de 1986Somewhere in TimeEMI #3 (UK), #11 (US)abril de 1988Seventh Son of a Seventh SonEMI#1 (UK), #12 (US)8 de outubro de 1990No Prayer for the DyingEMI#2 (UK), #17 (US)12 de maio de 1992Fear of the DarkEpic Records# 1 (UK), #12 (US)2 de outubro de 1995The X FactorCMC International# 8 (UK), #147 (US)23 de marzo de 1998Virtual XICMC International#16 (UK), #124 (US)30 de maio de 2000Brave New WorldSony#7 (UK), #39 (US)8 de setembro de 2003Dance of DeathColumbia Records#2 (UK), #18 (US)28 de agosto de 2006A Matter of Life and DeathEMI, Sanctuary#4 (UK), #9 (US)2010The Final FrontierEMI2015The Book of SoulsParlophone2021SenjutsuParlophone

Álbums en directo Data de lanzamentoTítuloSeloClasificación de vendas1980Live+OneCapitol Records1981Maiden JapanCapitol Records14 de outubro de 1985Live After DeathCapitol Records#2 (UK), #19 (US)22 de marzo de 1993A Real Live OneCapitol Records #3 (UK), #106 (US)19 de outubro de 1993A Real Dead OneCapitol Records#12 (UK), #140 (US)8 de novembro de 1993Live at DoningtonEMI #23 (UK)26 de marzo de 2002 Rock In RioEMI#15 (UK), #186 (US)30 de agosto de 2005Death on the RoadEMI#22 (UK)

Recompilatorios Data de lanzamentoTítuloSelo1990The First Ten YearsEMI1995The Story So Far (Part One)EMI 1995The Story So Far (Part Two)EMI24 de setembro de 1996Best of the Beast (Dispoñíbel en tres formatos: 1 CD, 2 CD ou 4 LP)Raw Power1998Eddie's HeadEMIxullo de 1999Ed Hunter (Pack dobre CD/Xogo de PC)EMI5 de novembro de 2002 Edward the GreatEMI2002Eddie's Archive (Edición especial de conxunto limitado e numerado que consta de 3 álbums dobres: Best of the B-Sides, BBC Archives e Beast Over Hammersmith, ademais de regalos)EMI5 de xullo de 2005The Essential Iron Maiden (Só en Norte-América)Epic Records2005Edward the Great (Relanzamento do recompilatorio de 2002, substituíndo un dos temas por un tema en directo do tour de 2005)EMI

Categoría:Grupos musicais de Londres Categoría:Grupos musicais de heavy metal Categoría:Grupos musicais formados en 1975 Categoría:Gañadores do Premio Ivor Novello