A illa Maly Taymyr (en ruso: Малый Таймыр, ou Ostrov Maly Taymyr, «pequena Tamir») é unha pequena illa do arquipélago Severnaya Zemlya, localizada no Ártico de Rusia, no mar de Láptev, en augas do estreito de Vilkitsky.
Administrativamente, a illa depende do Krai de Krasnoyarsk.
Xeografía A illa Maly Taymyr, con 232 km², está situada na parte exterior sueste do arquipélago de Severnaya Zemlya, a uns 40 km da illa Bolxevique. Localízase ao nordés da península de Taymyr, fronte á costa oriental de Siberia. Moi próxima a esta illa, entre ela e Bolxevique, hai outra pequena illa, a illa Starokadomsky, a menos de 6 km no seu parte nordés. As augas do estreito de Vilkitsky, ao sur da illa, así como as augas que rodean as dúas illas, están cubertas de xeo durante o longo inverno e ten moitos témpanos flotantes nos poucos días do curto verán en que están libres, entre xuño e setembro.
A illa Maly Taymyr é parte da Reserva Natural Estatal Gran Ártico, creada en 1993 ao redor da península de Taymyr, e que é a reserva natural máis grande de Rusia e a terceira maior do mundo.
Na costa norte de Maly Taymyr hai unha pequena illa ribeirega chamada Ostrov Oktyabrenok.
A illa Maly Taymyr non debe confundirse coa illa Taymyr no mar de Kara.
Historia A illa Maly Taymyr foi descuberta pola Expedición Hidrográfica ao Océano Ártico, dirixida por Boris Vilkitsky, cos quebraxeos Vaygach e Taymyr, que partiu en 1911 e chegaron a esta zona o , en que izaron a bandeira rusa no que creron unha única illa e chamaron «Terra de Nicolao II», en honra ao Tsar Nicolao II de Rusia. A illa foi chamada despois illa tsarévich Alexei, ou simplemente illa Alexei, en honra ao fillo do tsar, Alexei Nikolaevich, pero despois da Revolución de Outubro pasou a denominarse «Maly Taymyr».
Notas
Véxase tamén Outros artigos Severnaya Zemlya Ligazóns externas Datos e fotos de satélite das illas do grupo das Severnaya Zemlya Sobre a «Great Arctic State Nature Reserve»
Categoría:Illas de Rusia Categoría:Illas do Océano Ártico