A estableceuse no Xapón en 1948 como parte da Dieta do Xapón para labores de administración pública. Esta biblioteca é a única biblioteca nacional do país, e ten dúas instalacións principais en Tokyo e Kyoto, xunto con outras sucursais menores noutras cidades do país.
Historia
Inaugurouse en xuño de 1948 cunha colección inicial de 100 000 volumes. O primeiro encargado desta organización foi o político Tokujirō Kanamori, mentres que o filósofo Masakazu Nakai serviu como segundo ao cargo. En 1949 a biblioteca fusionouse coa Biblioteca Nacional, previamente denominada Biblioteca Imperial, converténdose na única biblioteca nacional do Xapón.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina web oficial
Categoría:Bibliotecas nacionais Categoría:Bibliotecas do Xapón