A Torre dos Escipións (en catalá, Torre dels Escipions), é unha torre funeraria construída polos romanos nos arredores de Tarraco, antiga cidade romana que se corresponde coa actual cidade de Tarragona (España). A torre dos Escipións é un dos elementos do «Conxunto arqueolóxico de Tarraco», declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco, sendo identificada a torre co código 875-010. É unha das tres torres funerarias romanas mellor conservadas da Península Ibérica, coa Torre Ciega (Cartaxena) e a Torre de Sant Josep (La Vila Joiosa).
Historia Construída na metade do século I dC, a seis quilómetros da cidade de Tarraco, capital da Hispania Citerior, no trazado da Vía Augusta, a calzada romana que atravesaba toda a Península desde os Pireneos ata Gades, (Cádiz), é un dos monumentos funerarios máis importantes da época romana que aínda se conservan en toda a Península Ibérica.
Características arquitectónicas É un monumento turriforme, con tres plantas superpostas en forma decrecente. Está construído con perpiaños rectangulares. No corpo intermedio hai dous relevos que representan ao deus de Frixia Atis divindade da morte e a resurrección, fillo de Pessinunte e ademais no mesmo nivel atópase unha cámara funeraria que acubillaba o enxoval do defunto. Mide na súa base 4,40 x 4,70 m..
Véxase tamén
Outros artigos Conxunto arqueolóxico de Tarraco Circo romano de Tarraco Anfiteatro de Tarraco Acueduto de les Ferreres Arco de Berà Muralla de Tarragona Teatro romano de Tarraco Foro romano de Tarraco Cemiterio paleocristián de Tarragona Canteira romana de El Médol
Ligazóns externas Páxina web do Concello de Tarragona Páxina do Museo de Historia de Tarragona Tarragona - Información histórica e cultural de Tarraco, capital da Hispania Citerior na época de dominación romana
Categoría:Tarragona Categoría:Conxunto arqueolóxico de Tarraco Categoría:Patrimonio da Humanidade en Cataluña Categoría:Torres