Manuel Durán Valiño, nado en Tui o 11 de xaneiro de 1899 e finado en Vigo o 28 de febreiro de 1957, foi un xornalista galego. Traxectoria Fillo de José Durán Solleiro. Traballou para a Compañía MZOV. Foi redactor de El Pueblo Gallego e colaborou en La Zarpa, Sprint e outros periódicos galegos. Utilizou os pseudónimos Man D’Uval, Ego e Mostacilla.
Vida persoal Casou en Ourense con Maruja Rodríguez en 1926.Vida Gallega, 20-9-1926, p. 34.
Notas
Categoría:Xornalistas de Tui Categoría:Nados en Tui Categoría:Nados en 1899 Categoría:Finados en 1957 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes