A illa de San Borondón é unha suposta illa atlántica cuxa existencia se afirma nunha lenda popular das Illas Canarias (España), que trata sobre unha illa que aparece e desaparece desde hai varios séculos, con orixe no periplo lendario de San Brandán de Clonfert («San Borondón»). Este mito ten orixe nos autores da Grecia clásica, e coñécese en Europa como «illa de San Brandán» desde a súa plasmación polos cartógrafos medievais, pero nas Canarias a tradición foi adoptada con entusiasmo, e adaptada, até no nome, á idiosincrasia nacional propia. Debido ás súas características e comportamentos estraños, como o aparecer e desaparecer ou esconderse tras unha espesa capa de néboa ou nubes, foi chamada «a Inaccesible», «a Non Trubada», «a Encuberta», «a Perdida», «a Encantada» e algún apelativo máis.

A existencia real da illa dábase por posible no século XV, polo que é mencionada nos tratados internacionais da época. Así, o Tratado de Alcaçovas, subscrito entre España e Portugal en 1479 para repartirse territorialmente o Atlántico aínda por navegar, especificaba claramente que San Borondón («aínda por gañar») pertencía ao Arquipélago Canario. A baía de Samborombón (Provincia de Buenos Aires, Arxentina) foi nomeada de tal modo durante a expedición de Magallanes en marzo de 1520, na crenza de que fora formada polo desprendemento da illa de San Borondón do continente americano.

Xeografía do mito

Posición e configuración right|thumb|250x250px|Mapa do norte de África de 1707 segundo Guillermo Delisle, ampliándoo apréciase a illa algo ao oeste das Canarias. Leonardo Torriani, enxeñeiro encargado por Filipe II para fortificar as Illas Canarias a finais do século XVI, describe as súas dimensións e localización e achega como proba da súa existencia as arribadas fortuítas dalgúns mariños ao longo dese século.

Esta illa localizaríase ao oeste do arquipélago, a 550 km en dirección oeste-noroeste do Hierro e a 220 km en dirección oeste-suroeste da Palma, aínda que segundo outras «testemuñas» que din tela visto, sitúase directamente entre as illas da Palma, A Gomera e O Hierro.Historia General de las Islas Canarias, Viera Clavijo, Imprenta de Blas Román, Madrid (1772)

San Borondón mediría 480 km de longo (de norte a sur) e 155 km de ancho (de leste a oeste), formando cara ao medio unha considerable concavidade e elevándose polos lados en dúas montañas moi eminentes, sendo a maior delas a da parte setentrional.

Cartografía na que aparece representada Abundan as representacións cartográficas nas que, a través do discorrer dos séculos, aparece San Borondón. Sen ser exhaustivos, poden citarse:San Borondón, la isla descubierta, Tarek Ode y David Olivera, Litografía Trujillo, La Laguna (Tenerife) (2004), ISBN 84-609-3640-6

Hereford Mappa Mundi, (Mapamundi de Hereford), de Richard de Haldinghan (finais do século XIII) Ebstorfer Weltkarte (Planisferio alemán de Ebstorf ), coa inscrición "Illa Perdida. San Brandán descubriuna pero ninguén a atopou desde entón" (finais do século XIII) Carta de Pinciano (1367) Mapa anconitano de Weimar (1424) Carta náutica de Beccario (1435) Mappamondo di Fra Mauro (Mapamundi de Fra Mauro )(1457) Mapa de la isla de San Borondón de Leonardo Torriani (1590) L'Afrique, dressée sur les observations de Mrs de l'Académie... de Guillaume Delisle (1700) Delineacións de Juan Smalley (1730) Planos de Próspero Casola (século XVIII) Cartes en couleur de Gautier D'Agoty (1755)

A procura de San Borondón Hai relatos desde hai séculos que narran a aparición da illa, a súa visión por moitas testemuñas e a súa posterior desaparición, mentres que outras persoas atribúen a estraña aparición a algunha acumulación de nubes no horizonte ou a un fenómeno de espellismo.

Expedicións navais A lenda de San Borondón chegou a adquirir tal forza nas Canarias que durante os séculos XVI, XVII e XVIII se organizaron expedicións de exploración para descubrila e conquistala. Entre elas poden enumerarse: Finais do século XV: Fernando de Viseu, sobriño do Infante Don Enrique o Navegante de Portugal. 1526: Hernando de Troia e Francisco Álvarez, veciños de Gran Canaria. 1570: 3 de abril: Hernán Pérez de Grao, rexente da Real Audiencia das Canarias; afirma ao seu regreso ter estado nas súas costas e perder alí a parte dos seus tripulantes. Pedro Vello, piloto portugués, relata como preto das Canarias tivo que cambiar o seu rumbo para refuxiarse do vento e atopouse con San Borondón. Desembarcou na illa xunto con outros dous tripulantes, que debeu abandonar nela porque o vento aumentou e obrigouno a retirarse con présa. Fernando Villalobos, rexedor da Palma, con tres navíos. Alonso de Espinosa, gobernador do Hierro. 1604: Gaspar Pérez de Acosta e Frei Lorenzo de Pinedo, franciscano e mariñeiro; só achan unha acumulación de nubes e celaxes no horizonte. 1721: Gaspar Domínguez, capitán de mar e veciño de Santa Cruz de Tenerife, cunha balandra no que foi a última expedición oficial, por encargo de Juan Mur e Aguirre, Capitán Xeneral das Canarias.

Avistamentos recentes En 1953, o diario ABC titulaba: «Foi vista outra vez a misteriosa “Illa Sirena”, ao noroeste da do Hierro (Canarias)», e en 1958, no mesmo diario: «A Illa errante de San Borondón foi fotografada por primeira vez». Non obstante, ningún mapamundi actual nin foto de satélite avala a existencia real desta illa.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Brandán Mapamundi de Ebstorf

Bibliografía

Ligazóns externas

La isla descubierta, exposición itinerante inaugurada o 14 de xaneiro de 2005 en Santa Cruz de Tenerife, con investigación, material orixinal e reconstrucións sobre unha suposta viaxe a San Borondón realizada en 1865. A exposición foi, en realidade, unha ficción artística sobre o mito. San Borondón en ''Rincones del Atlántico

Categoría:Mitoloxía Categoría:Cultura das Canarias