Carlos Barrera Sánchez, nado en Vielha (Lleida) o 3 de decembro de 1950 e finado no mesmo lugar o 7 de abril de 2022,Vilaweb foi un político aranés afiliado a Convergéncia Democratica Aranesa. Foi Síndico de Arán entre 1995 e 2007 e dende maio de 2011 ata o 18 de xuño de 2019, ano en que se retirou da política.Biografía na páxina web do Consell d'Aran.

Traxectoria Carlos Barrera naceu na capital do Val de Arán en 1950. Na década de 1960 trasladouse coa súa familia a Barcelona, onde estudou mestría industrial. Traballou en FECSA antes de volver en 1972 ao Val de Arán.

Durante a transición formou parte da asociación de veciños Es Tersús e de Unitat d'Aran, partido co que se presentou ás eleccións municipais españolas de 1979, resultando concelleiro do concello de Vielha. Cando esta formación pasou a formar parte do Partit dels Socialistes de Catalunya (PSC) deixou a política ata 1995.

En 1995 presentouse como candidato a Síndico de Arán por Convergéncia Democratica Aranesa e saíu elixido por maioría absoluta. Repetiu nas eleccións de 1999 e 2003 tamén con maioría absoluta. En 2007 gañou as eleccións Unitat d'Aran, que gobernou grazas ao apoio do PRAG. En 2011, CDA volveu acadar a maioría absoluta con Carlos Barrera como candidato, e revalidouna en 2015.

Notas

Categoría:Síndicos de Arán Categoría:Políticos de Cataluña Categoría:Nados en 1950 Categoría:Finados en 2022 Categoría:Nados en Vielha e Mijaran