Bridge of Spies é un filme dramático de 2015, dirixido por Steven Spielberg e escrito por Matt Charman, Joel Coen e máis Ethan Coen. O filme está protagonizado por Tom Hanks, Mark Rylance, Amy Ryan e Alan Alda. Baséase na detención do espía ruso Rudolf Abel en 1957 e o denominado Incidente do U-2, ocorrido o primeiro de maio de 1960, durante a guerra fría.
A rodaxe comezou o 8 de setembro de 2014 en Brooklyn, Nova York. Touchstone Pictures estreou o filme nos Estados Unidos o 16 de outubro de 2015 e a 20th Century Fox distribúeo no resto do mundo. En Galicia estreouse coa dobraxe castelá en decembro de 2015.
O filme foi nomeado coma mellor filme nos premios Óscar de 2015, que tivo lugar o 28 de febreiro de 2016. Finalmente conseguiu o Óscar ó mellor actor secundario para Mark Rylance.
Enredo O filme narra os feitos sucedidos en 1957 en América do Norte da detención do espía ruso Rudolf Abel e a súa acusación, cuxa defensa encargouse o avogado James B. Donovan e tamén o posterior Incidente do U-2, ocorrido en 1960, no que un avión norteamericano caeu derrubado na Unión Soviética, en plena guerra fría. A Donovan encomendóuselle negociar o troco de Francis Gary Powers, o piloto do avión estadounidense derrubado, por Rudolf Abel.
Elenco Tom Hanks como James B. Donovan Mark Rylance como Rudolf Ivanovich Abel Amy Ryan como Mary McKenna Donovan Alan Alda como Thomas Watters Scott Shepherd como Hoffman Austin Stowell como Francis Gary Powers Billy Magnussen como Doug Forrester Eve Hewson como Carol Donovan Sebastian Koch como o avogado alemán Foguel Jesse Plemons como Murphy Peter McRobbie como Allen Dulles
Produción miniatura|Vehículos en Monroe Place durante a filmación Desenvolvemento St. James Place foi dada a Matt Charman, que escribiu os primeiros inicios do guión. Despois presentoullo a DreamWorks, cuxo cofundador Steven Spielberg atopouno interesante e decidiu dirixilo. Marc Platt e Kristie Macosko Krieger uníronse coma produtores xunto a Spielberg. Joel Coen e mais Ethan Coen revisaron o guión orixinal de Matt Charman. En xuño de 2014, 20th Century Fox estivo de acordo en financiar lo filme coa DreamWorks e Participant, cos dereitos de distribución sendo divididos entre a Disney e a Fox.
Elección do elenco En maio de 2014, anunciouse que Tom Hanks sería James B. Donovan e Mark Rylance sería o co-protagonista xusto a Hanks. Amy Ryan, Alan Alda, Billy Magnussen e Eve Hewson, tamén estarían no filme. Participant Media co-producirá a película.
Rodaxe miniatura|Luces durante a filmación A rodaxe empezou o 8 de setembro de 2014 en Brooklyn, Nova York. O 14 de setembro, a filmación ocorreu en DUMBO. O 15 de setembro, continuou en Astoria, entre o Parque Astoria e Ditmars Boulevard. A filmación foi feita en 18 Street e a Avenida 26 en Astoria.http://weheartastoria.com/2014/09/spielbergs-st-james-place-is-filming-in-astoria/ O 26 de setembro, a filmación ocorreu en Henry Street e Love Lane en Brooklyn Heights. O 19 de setembro, en Hicks Street e Pineapple Street.
A comezos de outubro, despois de rematar a rodaxe en Nova York, a produción continuou nos Babelsberg Studio en Berlín e Potsdam (Alemaña). A filmación empezou no Aeroporto de Berlín-Tempelhof en outubro. Angela Merkel visitou o set.http://www.morgenpost.de/berlin/article134825500/Merkel-besucht-Spielberg-und-Hanks-auf-Glienicker-Bruecke.html A fotografía principal terminou o 4 de decembro. A filmación tamén tivo lugar en Wrocław, Polonia en novembro.
Posprodución O 2 de outubro de 2014, Michael Kahn foi confirmado como o editor do filme.
Estrea O filme tivo a súa estrea o 4 de outubro no Festival de Cinema de Nova York e o 16 de outubro de 2015 nos Estados Unidos. En Galicia estreouse coa dobraxe castelá en decembro de 2015.
A Walt Disney Studios Motion Pictures distribúe o filme en América do Norte por Touchstone Pictures.
Premios e nomeamentos Entre outro premios o filme está nomeado con seis estatuillas para os premios Óscar 2015, que terán lugar o 28 de febreiro de 2016. Entre os nomeamentos figuran:
Premio Categoría Receptor Resultado Ref.88ª edición dos ÓscarMellor filmeKristie Macosko Krieger, Marc Platt e Steven SpielbergNomeadamellor actor secundarioMark RylanceGañadorMellor guión orixinalMatt Charman, Joel e mais Ethan CoenNomeadoMellor banda sonoraThomas NewmanNomeadoMellor deseño de produciónAdam Stockhausen, Bernhard Henrich e Rena DeAngeloNomeadoMellor sonDrew Kunin, Andy Nelson e Gary RydstromNomeadoGlobos de OuroMellor actor secundarioMark RylanceNomeado
Notas
Categoría:Filmes de 2015 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dirixidos por Steven Spielberg Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes con banda sonora de Thomas Newman Categoría:Filmes de Participant Media Categoría:Filmes de TSG Entertainment Categoría:Filmes de Amblin Entertainment Categoría:Filmes sobre política Categoría:Filmes de DreamWorks Categoría:Filmes de Touchstone Pictures Categoría:Filmes rodados en Nova York Categoría:Filmes rodados en Berlín Categoría:Filmes de espionaxe Categoría:Filmes de suspense Categoría:Filmes sobre avogados Categoría:Filmes ambientados en 1957 Categoría:Filmes ambientados en 1960 Categoría:Filmes ambientados en Paquistán Categoría:Filmes ambientados en Berlín Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes ambientados na Unión Soviética Categoría:Filmes ambientados en Washington, D.C. Categoría:Filmes sobre a Guerra Fría