miniatura|260px|Anacos dun Apfelstrudel ou strudel de mazá. O strudel é un doce orixinario de Austria e Alemaña, elaborado cunha masa de follado reenchida xeralmente con mazás aromatizadas con canela e pasas, que se enrola e se coce no fornoDefinición e termo en galego en Dicionario de alimentación e restauración, VV. AA. (2012), Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega. O máis coñecido é o de mazá ou Apfelstrudel. Tamén é coñecido o Topfenstrudel, elaborado con queixo quark.

O nome strudel significa "remuíño" en alemán, pola forma pregada que se lle dá á masa. O strudel sería unha reelaboración do doce baclava, típico de Oriente Próximo, feito de camadas de masa filo que se reenchen con froitos secos, especialmente anacardios, pistachos ou améndoas, e bañado en melArtigo en Portal das Palabras.

Atopamos variantes do strudel nas gastronomías de varios países de América do Sur, por mor da emigración alemá a estas terras. Na Arxentina atopamos un strudel feito con carne e uvas pasas, con recheo de empanada de carne e azucre glas por riba. Na Selva Central do Perú, as colonias alemás, como a asentada en Oxapampa, preparan un strudel de banana, unha adaptación da súa gastronomía tradicional aos ingredientes locais.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Apfelstrudel Empanada de mazá Streusel Ligazóns externas Receita de strudel

Categoría:Biscoitos e tortas Categoría:Gastronomía de Alemaña Categoría:Gastronomía de Austria Categoría:Pratos de froitas Categoría:Gastronomía de Chile Categoría:Gastronomía da Arxentina Categoría:Gastronomía do Uruguai Categoría:Sobremesas