miniatura|dereita|O papa Paio I. Paio é un nome propio masculino galego e portugués. Paio foi un nome común en Galiza como o demostra a abundante toponimia asociada ao nome (Paio, O Paio), especialmente a San Paio (ou Sampaio), mártir galego nado en Crecente no século X. En total existen no país, corenta parroquias baixo a advocación do santo (Véxase: Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Paio). Ademais existen moitos lugares co nome do Santo, e diversas igrexas e conventos, onde salienta o Convento de San Paio de Antealtares en Santiago de Compostela.
En xaneiro de 2023 existían 11 varóns en Galicia co nome Paio, cunha media de idade de 20,3 anos.Paio na web do Instituto Galego de Estatística.
Etimoloxía Chega ao galego proveniente do latín: Pelagius, e á súa vez do grego: Πελάγιος. O seu significado é "Aquel que ten vontade de escoller".Significado do nome Paio O nome Paio é froito da síncope do nome latino. O nome Paio deu orixe aos apelidos galegos: Páez, Pais e Paz. Nos documentos galegos medievais aparecen as variantes arcaicas: Pai, Payo, Pae, Paay ou Pay.
Onomástica 26 de xuño, San Paio, mártir galego.
Variantes noutras linguas
Alemán: Pelagius Aragonés: PelaiEDACAR Nº 9 - Antroponimia Aragonesa. Nombres de persona en aragonés. Comisión d'Onomastica de l'Academia de l'Aragonés. ISSN: 1988-8139. Marzo de 2014. Asturiano: Pelayo Castelán: Pelayo Catalán: Pelai, Pellai Éuscaro: Pelagio Francés: Pélage Galego: Paio, Pelaxio Inglés: Pelagius Italiano: Pelagio Latín: Pelagius Occitano: Pelagi Polonés: Pelagiusz Portugués: Paio, PelágioNome en portugués no Portal da Lingua Portuguesa
Personaxes Galegos Paio, ermitán galego descubridor do sepulcro do Apóstolo Santiago (século IX); San Paio, mártir cristián galego (911 -925). Paio Soares de Taveirós, trobador do século XIII. Paio Gómez Chariño, poeta e nobre galego do século XIII. Paio Gómez de Soutomaior, nobre galego que viviu nos séculos XIV e XV.
Outros Pelaxio, monxe britano a quen se atribúe a doutrina do pelaxianismo (c. 360-435); Paio I, papa da Igrexa Católica entre o 556 e o 561 (c. 500-561); Paio II; papa da Igrexa Católica entre o 579 e o 590 (f. 590); Paio de Asturias, caudillo lendario de Asturias (c. 718 - 737).
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista de nomes masculinos en galego Lista de nomes masculinos galegos máis comúns Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes masculinos Real Academia Galega
Categoría:Nomes masculinos de orixe grega Categoría:Nomes masculinos galegos Categoría:Nomes masculinos portugueses