miniatura|250px|Latimeria chalumnae. A dos latimeríidos (Latimeriidae) é unha familia de peixes osteíctios da superclase dos sarcopterixios e orde dos celacantiformes, única da subclase dos actinistios que comprende numerosas especies fósiles e tan só dúas viventes do xénero Latimeria, coñecidos na bibliografía internacional como celacantos.Dicionario de galego Ir Indo, (2004): celacanto s m ANIMAL/ICT Peixe do xénero Latimeria, da subclase dos sarcopterixios que presenta ollos grandes, mandíbulas con gran capacidade de apertura, aleta caudal dificerca, unha liña lateral moi desenvolvida e un órgano sensorial no fociño que lles serve para moverse na escuridade e para capturar presas.Gran dicionario Xerais da lingua, (2009): celacanto. s. m. Peixe crosoptrerixio da orde dos celacantiformes (Latimeria chalumnae), que posúe unha articulación intracranial.Celacanto en Galnet - WordNet 3.0 do Galego, sli.uvigo.galCelacanto en dbpedia.org, sli.uvigo.gal
Estes peixes á penas evolucionaron desde hai 350 milóns de anos e se asemellan a antepasados acuáticos dos vertebrados terrestres.
Teñen unha vexiga natatoria non funcional, chea de graxa, que pode ser un vestixio dun pulmón ancestral, e frecuentemente se lles deu o nome de fósiles viventes ou de elo perdido.
Características Teñen un corpo robusto, cuberto de escamas grandes, óseas imbricadas; a parte externa de cada escama está armnada con tubérculos duros con aspecto de dentes. A segunda aleta dorsal, a anal e as aletas pares son lobuladas, proxectado o corpo en pedúnculos musculares que conteñen unha serie de elementos esqueléticos cartilaxinosos; a aleta caudal é arredondada, cunha pequena proxección no centro cos raios articulados directamente ao extremo da notocorda. A primeira aleta dorsal aparece despregada en abano, sustentada por 8 raios óseos espiñentos. Coelacanthiformes. Latimeriidae en FishBase.
Case todo o esqueleto é cartilaxinoso; as vértebras son rudimentarias, e a medula espiñal está apoiada nunha grande notocorda, oca e de paredes grosas (precursor embrionario dos discos vertebrais de moitos peixes e outros vertebrados) que está chea de líquido. As espiñas neurais e hemais están osificadas e unidas directamente á notocorda. Non teñen costelas.A vexiga natatoria está ben desenvolvida, estendéndose por toda a lonxitude da cavidade abdominal, e está chea de graxa.
Bioloxía Os latimeriidos son ovovivíparos; as femias poñen de 19 a 59 ovos e unhas 5 crías vivas. Os ovos poden alcanzar un diámetro de 9 cm. No oviduto os xuvenís poden chegar a uns 33 cm de lonxitude total. Os adultos teñen unha lonxitude máxima de 1,8 m.Viven en costas rochosas escarpadas, agochados en covas durante o día (a miúdo en grupos) e alimentándose, por separado, de peixes e cefalópodos, sobre substratos abertos, pola noite, a profundidades de entre os 180 e os 220 m, en augas a temperaturas de entre 16 e 23 °C.Son lonxevos e de crecemento lento. Os seus principais inimigos aadoitan seren tiburóns grandes.
Distribución Latimeria chalumnae distribuése nas augas costeiras de Suráfrica, Mozambique, Madagascar e as Comores. Recentemente descubriuse unha segunda especie, Latimeria menadoensis, en Indonesia.
Taxonomía Descrición A familia foi descrita en 1940 polo xeógrafo e biólogo soviético Lev Semiónovich Berg.Latimeriidae no WoRMS.
Etimoloxía O nome Latimeriidae fórmase, como é habitual, sobre a raíz do nome do xénero tipo, neste caso Latimeria, engadíndolle a desinencia do latín científico -idae, propia dos nomes de familias de animais.
En canto Latimeria, deriva de miss Marjorie Courtenay-Latimer (1907–2004), traballadora no East London Museum, de East London, provicia do Cabo Oriental, Suráfrica, que, en 1938, chamou a atención de todo o mundo polo descubrimento do celacanto, peixe que se cría extinguido desde hai 65 millóns de anos.Romero, P. (2002): An etymological dictionary of taxonomy. Madrid, non publicado.
Clasificación miniatura|240px|Latimeria menadoensis. Familia Latimeriidae Berg, 1940 Xénero Latimeria Smith, 1939 Latimeria chalumnae Smith, 1939 - celacanto propiamente dito, ou celacanto das Comores Latimeria menadoensis Pouyaud, Wirjoatmodjo, Rachmatika, Tjakrawidjaja, Hadiaty & Hadie, 1999 - celacanto indonesio Xénero Coccoderma † Xénero Macropoma † Xénero Holophagus † Xénero Libys † Xénero Macropomoides † Xénero Megacoelacanthus † Xénero Undina †
Galería de latimeríidos extintos
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Eschmeyer, William N., ed. (1998): Catalog of Fishes. Special Publication of the Center for Biodiversity Research and Information, núm.. 1, vol. 1-3. San Francisco (California, Estados Unidos): California Academy of Sciences. ISBN 978-0-940228-47-5. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York, NY, USA: John Wiley & Sons. ISBN 978-0-471-25031-7.
Outros artigos Celacantiformes Sarcopterixios
Ligazóns externas Latimeriidae na ADW. Latimeriidae na EOL. Latimeriidae no uBio Portal. Coelacanthidae no NCBI.
Categoría:Osteíctios