As obras de Antoni Gaudí, arquitecto (1852-1926), están declaradas Patrimonio da Humanidade. A maioría son edificios de estilo modernista que se atopan na cidade de Barcelona ou a súa bisbarra, aínda que tamén proxectou algúns edificios para outras zonas de España. Inicialmente, declarouse patrimonio da Humanidade o «Parque Güell, o Palau Güell e a Casa Milà en Barcelona» (1984), pero decidiuse ampliar no ano 2005 a outras catro edificacións deseñadas por Antoni Gaudí, pasando a chamarse «Obras de Antoni Gaudí». Todas elas, considera a Unesco, «testifican a excepcional contribución creativa de Gaudí ao desenvolvemento da arquitectura e tecnoloxía construtiva de finais do século XIX e principios do XX».

Sete (partes de) edificios están incluídos no Patrimonio da Humanidade nº 320bis da UNESCO, Obras de Antoni Gaudí, todos eles situados na Provincia de Barcelona: Parque Güell Palau Güell Casa Milá Casa Vicens Fachada do Nacemento e Cripta da Sagrada Familia *Outras partes da Sagrada Familia, incluídas as Escolas da Sagrada Familia, están incluídas na zona de protección da 5ª parte do sitio do WHS. Casa Batlló Cripta da Colonia Güell A zona de protección da Colonia Güell e a Torre Salvana

Código Nome Ano inscrición Localización Área Área tampón Coordenadas 320-001 Parque Güell 1984 Barcelona 320-002 Palau Güell 1984 Barcelona 320-003 Casa Milà 1984 Barcelona 320-004 Casa Vicens 2005 Barcelona 320-005 Fachada da Natividade e cripta da Sagrada Familia 2005 Barcelona 320-006 Casa Batlló 2005 Barcelona 320-007 Cripta da Colonia Güell 2005 Santa Coloma de Cervelló

Nota Antoni Gaudí realizou outras obras de gran valor artístico e monumental como: A Casa Botines en León capital. O Palacio Episcopal de Astorga, en Astorga (León). O Capricho en Comillas (Cantabria). Bodegas Güell en Garraf (Barcelona).

Véxase tamén

Ligazóns externas Obras y proyectos de Antoni Gaudí, en gaudiclub.com

Categoría:Patrimonio da Humanidade en Cataluña Categoría:Antoni Gaudí