miniatura|250px|dereita|A transmisión multicast prodúcese entre un equipo orixe e varios (non todos) os do resto da rede. No mundo das redes de computadores, as transmisións multicast son as que se fan entre un equipo e un conxunto de equipos do resto da rede.
As transmisións multicast úsanse para enviar datos a grupos concretos de equipos da rede, tipicamente emisións de vídeo ou son, que ocupan un ancho de banda apreciable e que colapsaría a rede se fosen transmitidas en forma de broadcast. As emisións multicast chegan só aos equipos que pertencen ao grupo ao que vai dirixido a transmisión, coa particularidade de que é elección do equipo pertencer a algún grupo multicast ou non pertencer a ningún, a diferenza do broadcasting, no que as transmisións chegan a tódolos equipos da rede de maneira indiscriminada. En IP existe un grupo especial de enderezos (enderezos de clase D) usados para crear grupos multicast.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Unicast Broadcast
Categoría:Redes de computadores