San Roque de Combarro é unha parroquia que se localiza no concello de Poio. Segundo o IGE, en 2022 tiña 1.850 habitantes (916 homes e 934 mulleres). Ten oito entidades de poboación.
A parroquia de Combarro foi creada no arranxo parroquial de 1867 con dez lugares ata entón pertencentes á San Xoán de Poio, aínda que algúns deles volveron integrarse en San Xoán.Fariña Jamardo, Xosé (1993). Os Concellos Galegos, tomo VII, px. 404. Fundación Pedro Barrié de la Maza.
Patrimonio Ademais da igrexa parroquial de San Roque, ten outros dous templos católicos: a igrexa de San Bernardo e a capela da Virxe da Renda. A zona vella da vila, máis achegada ao antigo peirao, foi declarada Conxunto Histórico-Artístico, e ten hórreos e casas pegadas á costa.
A capela da Virxe da Renda é de planta rectangular, sinxela. Nela venérase unha imaxe da Virxe de Graza, procedente dunha ermida que había na Illa de Tambo e que foi derruída polos piratas ingleses en 1589. Hipólito de Sa considera que a capela data de 1712, pero a reconstrución á que foi sometida en 1985, tras ser derrubada por un temporal, puxo de manifesto o reaproveitamento de materiais procedentes dunha construción máis antiga.
Festas O 24 de agosto celébrase desde o ano 2001 a Festa do Mar.
Combarro na literatura popular Árdelle o eixe,/ árdelle o carro,/ árdelle o eixe/ aos de Combarro.Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 269. San Roque de Combarro é parroquia do concello de Poio.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Combarro
Parroquias de Poio
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lugares de Poio
Categoría:Parroquias de Poio Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Roque