Os plataleínos (Plataleinae) son unha subfamilia de grandes aves de patas longas, que se denominan colectivamente cullereiros (aínda que este nome tamén se usa máis especificamente para a especie Platalea leucorodia), e están incluídos na familia Threskiornithidae (ibis e cullereiros). Recoñécense nesta subfamilia seis especies, xeralmente clasificadas nun único xénero, Platalea. Na lista de aves de Galicia figuran dous representantes desta subfamilia, a especie Platalea leucorodia e a Platalea alba.
Taxonomía Un estudo de 2010 do ADN mitocondrial dos cullereiros feito por Chesser e colegas atopou que o cullereiro rosa e o de peteiro amarelo eran os que tiñan un parentesco máis próximo, xa que ambos os dous descenden dunha ramificción temperá a partir dos antepasados das outras catro especies de cullereiros. Os autores consideran que as probas xenéticas indican que é igualmente válido considerar ás seis especies de cullereiros dentro dun único xénero, o tradicional Platalea, coma, alternativamente, situar estas dúas ramificacións nos xéneros monotípicos Platibis e Ajaja, respectivamente. Porén, como as seis especies son tan similares morfoloxicamente, parece que ten máis senso mantelas todas xuntas no único xénero Platalea. Dentro da súa familia os cullereiros están máis emparentados cos ibis do Vello Mundo, que con outros ibis.
Bioloxía Todos os Plataleinae teñen peteiros longos, aplanados e espatulados e aliméntanse en augas pouco profundas movendo ao seu peteiro a esquerda e dereita na auga para apañar a comida. No momento en que unha pequena criatura acuática (insecto, crustáceo ou pequeno peixe) toque o interior do seu peteiro, pechan rapidamente o peteiro para capturala. Os cullereiros xeralmente prefiren a auga doce á salgada, mais poden atoparse en ambos os ambientes. Necesitan alimentarse durante moitas horas ao día.
Son monógamos, pero, polo que se sabe, só durante unha tempada reprodutora. A maioría das especies aniñan nas árbores ou en leitos de xuncos, a miúdo rodeados de ibis ou garzas. O macho xunta o material que cómpre para facer o niño (paus e xuncos principalmente ás veces collidos de niños vellos) e as femias colócao axeitadamente formando un niño con forma de cunca grande pouco profunda ou plataforma, que varía na súa forma exacta e integridade estrutural segundo a especie de que se trate.
A femia fai unha posta duns tres ovos lisos, ovais e brancos e ambos os proxenitores realizan a incubación. As crías eclosionan cada unha no seu momento e non todas xuntas (eclosión asíncrona). As crías que acaban de eclosionar son cegas e non poden valerse de seu inmediatamente; ambos os proxenitores aliméntanas por regurxitación parcial. Os peteiros das crías son curtos e rectos, e só toman a característica forma de espátula cando maduran. A alimentación das crías continúa durante unhas poucas semanas máis despois de que a familia abandona o niño. A principal causa de perda das crías é a depredación, non a fame.
Especies e distribución Aínda que se propuxo subdividir a subfamilia en varios xéneros, xeralmente se acepta a súa clasificación nun só xénero, Platalea, que está distribuído por todo o mundo.Clements, J. F., T. S. Schulenberg, M. J. Iliff, B.L. Sullivan, and C. L. Wood. 2010. The Clements checklist of birds of the world: Version 6.5. Cornell University Press. Downloadable from Cornell Lab of Ornithology Especies de Platalea Nomes Imaxe Descrición Distribución Cullereiro (por antonomasia nas nosas latitudes)(Platalea leucorodia) 120px Os adultos e os inmaturos son principalmente brancos cos extremos externos das ás negras e peteiros e patas negras. Crían en leitos de xuncos, xeralmente sen estaren en compañía doutras especies. É a especie máis estendida, e a súa área de distribución abrangue o noroeste de África e a maior parte de Europa e Asia ata Xapón. Chamado ás veces cullereiro de cara negra(Platalea minor) 120px É o único cullereiro que se encontra en perigo, xa que as súas poboacións son pequenas e viven en áreas moi restrinxidas.BirdLife International 2012. Platalea minor. In: IUCN 2012. IUCN Red List of Threatened Species.Chesser, R.Terry; Yeung, Carol K.L.; Yao, Cheng-Te; Tians, Xiu-Hua; Li Shou-Hsien (2010). "Molecular Phylogeny of the Spoonbills (Aves: Threskiornithidae) based on mitochondrial DNA". Zootaxa (2603): 53–60. ISSN 1175-5326 Atópase en Taiwán, a China, Corea e o Xapón. Cullereiro africano(Platalea alba) 120px Unha especie branca de gran tamaño similar a Platalea leucorodia, da cal se pode distinguir pola súa cara rosa e o seu peteiro xeralmente máis pálido. Aliméntase de insectos e outras pequenas criaturas, e aniña nas árbores, pantanos e rochas. Cría en África incluída Madagascar. Chamado ás veces cullereiro real(Platalea regia) 120px Ten un extremo do peteiro moi ancho, o que o distingue doutras especies similares.Vestjens, W. J. M. (1975). "Feeding behaviour of Spoonbills at Lake Cowal, NSW". Emu 75 (3): 132. doi:10.1071/MU9750132. Máis común no sueste de Australia, pero encóntrase tamén regularmente en pequenas cantidades noutras partes de Australia alí onde se formen zonas húmidas temporais; tamén en Nova Zelandia, especialmente na illa Sur, e ás veces como divagante en Nova Guinea, Indonesia, e as illas do Pacífico. Chamado ás veces cullereiro de peteiro amarelo(Platalea flavipes) 120px O seu longo peteiro, a súa cara espida, as patas e pés son de cor amarela, e o iris é amarelo pálido. Sueste de Australia. Chamado ás veces cullereiro rosa(Platalea ajaja) 120px Os adultos son de cor principalmente rosa Atópase en Suramérica, o Caribe, e no sueste dos Estados Unidos.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Vídeos de cullereiros en Internet Bird Collection
Categoría:Pelecaniformes Categoría:Ciconiformes