José Pascual López Cortón, nado en Cedeira en 1817 e finado na Coruña o 15 de xaneiro de 1878, foi un comerciante, escritor e mecenas galego.
Traxectoria miniatura|esquerda|Album de la Caridad. Juegos Florales de La Coruña en 1861.Album de la Caridad. Juegos Florales de La Coruña en 1861, seguido de un mosaico poético de nuestros vates gallegos contempornáneos Galiciana. Biblioteca de Galicia. Era neto de Manuel Cortón y Neira, militar que participara na guerra de independencia contra os franceses. Ao finarlle o pai, José Luis López, con doce anos de idade marchou a Porto Rico, onde viviu na casa dun tío e fixo fortuna, probablemente coa compra-venda de escravos negros.: "El indiano López Cortón" La Voz de Galicia . 12 de xullo de 2015. De volta, casou coa compostelá Julia Viqueira e reedificou un pazo en San Fiz de Vixoi, Bergondo.
A pedimento de Benito Vicetto, organizou os primeiros xogos florais de Galicia, o 2 de xullo de 1861 na Coruña, e encargou a Antonio de la Iglesia a elaboración do Álbum de la Caridad, que recolleu os traballos deses xogos así como outros doutros autores galegos do momento e seis composicións do propio López Cortón. Os beneficios da venda dos exemplares desta publicación destináronse ao hospicio provincial, por mediación da súa presidenta, Juana de Vega.
López Cortón foi un dos primeiros promotores da Institución Libre de Enseñanza en Galicia."López Cortón, Xosé Pascual" en Enciclopedia galega universal, t. 11, p. 246.
Tivo tes fillos: Carmen: Carmén López-Cortón no Álbum da Junta para Ampliación de Estudios, CCG. (que casaría en 1893 con Manuel Bartolomé Cossío), Luisa (que sería nai de Xoán Vicente Viqueira) e José (enxeñeiro). page=3|miniatura|A la señorita doña María de Jesús Natividad Blume y Othon (pdf).
Obra A Galicia, cuando partí para América, asinado " Puerto-Rico 30 de agosto de 1839", A Coruña, imp. de Puga, 1860.A Galicia en Galiciana. Biblioteca de Galicia. A la señorita doña María de Jesús Natividad Blume y Othon en sus días, asinado "Puerto-Rico 25 de Diciembre de 1846 ". A Coruña, imp. de Puga, 1860.A la señorita doña María… en Galiciana. Biblioteca de Galicia. "A mi prima la señorita Doña Carolina Corton y Abreu, en su convalecencia de una grave enfermedad", A Coruña, imp. de Puga, 1861."A mi prima la señorita Doña Carolina…" en Galiciana. Biblioteca de Galicia. Álbum de la Caridad. Juegos florales de la Coruña en 1861 seguido de un mosaico poético de nuestros vates gallegos contemporáneos, 1862. Cantares políticos, por el ciudadano J.P.L.C., Madrid, Imprenta de Santos Larxé, 1873.Cantares políticos en Galiciana. Biblioteca de Galicia.
Recoñecementos A Real Academia Galega fíxolle unha homenaxe no camposanto de Santo Amaro no centenario do pasamento e, dende 2009, unha rúa da Coruña leva o seu nome.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía "López Cortón, José Pascual" en Diciopedia do século 21, tomo 2, páxina 1248. "López Cortón, Xosé Pascual" en Diccionario enciclopédico galego universal, t. 38, pp. 122 (artigo) e 123 (retrato). "López Cortón, Xosé Pascual" en Dicionario biográfico de Galicia, t. 2, p. 236. Outros artigos Xogos Florais da Coruña Literatura galega do Prerrexurdimento Ligazóns externas : «El creador de los juegos florales» La Voz de Galicia, 23/3/2004 .
Categoría:Filántropos de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Cedeira Categoría:Nados en 1817 Categoría:Finados en 1878 Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Poetas en lingua castelá